займ срочно

Rois constata que, aínda con máis nacementos, segue a perder poboación

0

Bisbarra, 9 de novembro do 2022 – Rois celebrou o pleno ordinario de novembro con abundantes temas sobre a mesa e varias mocións da oposición.

No pleno quedou ratificado o padrón de habitantes que a 1 de xaneiro era de 4.445 veciños. No 2021 Rois tivo 140 e 186 baixas no censo. O BNG pediu medidas para incentivar o empadronamento. Pola súa banda o PSdeG propuso actualizar o PXOM para facilitar a construción de vivenda.

O alcalde, Ramón Tojo, destacou o alto número de nacementos, os moitos servizos que ofrece o Concello á veciñanza e as vías de comunicación que conectan Rois coa comarca e con outros puntos de Galicia, como medidas que axudarán a recuperar poboación.

Propostas da oposición

O grupo socialista propuxo bonificar o Imposto de Bens Inmobles (IBI) das explotacións agropecuarias. O equipo de goberno do PP rexeitou a moción indicando que se está apoiando ao sector primario coa mellora de infraestruturas e servizos, ademais de destacar que Rois aplica o mínimo legal do 0,40% no recibo da contribución. Os socialistas responderon que “resulta incomprensible que o PP este a favor de rebaixas de impostos como o iva (de carácter indiscriminado) e sen embargo rexeite unha bonificación do IBI especifica sobre un sector concreto (que previamente s corporación debe declarar de especial interese municipal) e só baixo situacións que dificulten a súa supervivencia e viabilidade”.

A iniciativa contou con 6 votos en contra do PP e 4 a favor (PSdeG e BNG).

O PP tamén rexeitou a moción do BNG solicitando máis axudas da Xunta para o CIM Terras de Iria para garantir a atención á violencia machista nun contexto de crise de prezos e repunte do machismo. A concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Basante, lembrou o incremento da inversión feito polo goberno galego e argumentou que o Concello está moi satisfeito co funcionamento do Centro de Información á Muller. Dende que se asinou o convenio en 1995, o centro atende aos municipios de Rois, Padrón e Dodro. O alcalde concluí o punto sinalando que Rois “ten un servizo eficiente e coa labor do CIM Terras de Iria temos uns servizos exemplares”. A moción foi rexeitada cos votos en contra do PP (6) e a favor de PSdeG (3) e BNG (1).

A Corporación aprobou por unanimidade constituír o vindeiro 14 de decembro a Mesa local de coordinación interinstitucional fronte a violencia de xénero.

Tamén cos votos a favor dos tres grupos aprobouse a moción presentada polo BNG solicitándolle ao Goberno central que rebaixe o IVE da bombona de butano e máis da de propano, como medida para rebaixar a facturas enerxética ás persoas que viven no rural (actualmente a rebaixa do IVE aplícase ao gas cidade, pero non ao embotellado).

Outros temas

No capítulo de rogos e preguntas Begoña Ares (BNG) interesouse pola Festa da Xuventude, que se vai celebrar o vindeiro sábado coa actuación da Orquestra Panorama, e canto lle vai costar ao Concello. O alcalde, Ramón Tojo, respondeu que a festa organizase cos 7.000 euros de subvención que da a Deputación para reactivar o sector das orquestras o co canon do bar, “polo que o Concello terá que pagar moi pouco”.

Preguntado por que non se destinou estas axudas as comisión de festas parroquiais, Ramón Tojo explicou que cando a Deputación sacou a convocatoria, moitas parroquias xa celebraran as súas festas e, por outra banda, os requisitos esixidos na convocatoria poñíanlle moitas dificultades á moitas comisións. “Por este motivo decidimos organizar a festa dende o Concello, cunha actuación de primeiro nivel”, dixo. Ademais, o alcalde lembrou que dende o Concello xa se colabora con todas as comisións de festas a través do programa Cultura Dispersa, que leva espectáculos a todas as parroquias, ademais dunha aportación económica de 300 euros a cada comisión.

Dende o grupo socialista, en relación co PAI de Urdilde, para o que se agarda unha achega da Deputación de 80.000 euros, Manuel Regueira preguntou pola reunión do Concello co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, que se encarga de xestionar A Galiña Azul. O alcalde respondeu que en Urdilde vaise facer un Punto de Atención á Infancia, para facilitarlle a conciliación as familias con menores de ata 3 anos, sobre todo da zona norte do Concello.

Colaboración con gandeiro afectado pola morte das vacas

A Corporación de Rois destinou os 825 euros do pleno a colaborar co veciño de Quintás ao que lle morreron 9 vacas. Todos os concelleiros decidiron  doar o importe das dietas establecidas pola asistencia ao pleno de onte para colaborar. Os integrantes da Corporación aportan 825 euros á conta solidaria aberta polo Concello, que a última hora da mañá de onte levaba recadados xa 7.000 euros.

O obxectivo é que Manuel Rodríguez Castro poida mercar novas reses, despois de que a mediados do pasado mes de outubro vise como lle morrían 9 das 14 vacas debido a unha intoxicación coa planta da que se obtén a burundanga. O 18 de outubro, o Concello abría en Abanca a conta solidaria ES49 2080 0328 9031 1000 0042 na que xa se levan recadados sete mil euros. En marcha hai outras iniciativas para axudarlle a este gandeiro da parroquia de Urdilde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies