Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois
  • Xeral

Rois aproba os plans da Deputación

O concello de Rois celebrou un pleno no que, entre outros asuntos, aprobou os plans de obras e gastos sociais da Deputación.
CONCELLO DE ROIS SLIDE

Bisbarra, 3 de xaneiro do 2023 – O concello de Rois celebrou un pleno no que, entre outros asuntos, aprobou os plans de obras e gastos sociais da Deputación.

O POS+ 2023 da Deputación aprobouse cos votos a favor do BNG e do PP e a abstención do Psoe. Por outra banda o POS + adicional que se destina a gasto social saíu adiante por unanimidade.ç

Imaxe de arquivo dun pleno en Rois

O motivo da abstención do Psoe é que as obras aprobadas, arranxo de interiores en O Piñeiro e Seira, non contemplan o saneamento. Fan fincapé na aldea de Seira na que desde que nos anos noventa se puxeran tubos de saneamento sen decantación non se volveu a arranxar nada.

Outros temas

Ao pleno asistiu unha representación dos traballadores do Servizo de Axuda no Fogar, SAF. O alcalde, Ramón Tojo, contestou a preguntas da oposición sobre a municipalización de este servizo dicindo que “É un proceso complexo e estamos a espera de que os técnicos municipais rematen os informes pertinentes para que o SAF volva ser municipal”, dixo.

O Psoe lembrou que se trata dunha municipalización que xa no 2020 foi comprometida “sen ata o de agora se levara a cabo”

Mocións

O goberno local rexeitou a moción socialista para crear unha agrupación de Protección Civil supramunicipal cos concellos de Padrón e Dodro. O alcalde argumentou o voto en contra do PP sinalando que actualmente Dodro non ten voluntarios de protección civil e que os de Padrón non operan fóra do seu termo municipal “En Rois estamos cubertos coa presenza do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GEX) Terras de Iria, que opera as 24 horas, e cos voluntarios de protección civil de Rois. Non vemos factible crear unha agrupación de protección civil comarcal, porque non hai unha necesidade crecente por parte dos outros alcaldes”.

O Psoe defendeu que mancomunar o servizo permitiría unha axuda anual de maior importe ao influír o número de habitantes, un acceso a maior equipamento doado pola Xunta de Galicia e aforro nos seguros de responsabilidade civil xa que só habería que pagar un. Lembrou ademais que a caída de poboación fai necesario comezar a mancomunar servizos como xa sucede en outros lugares.

Finalmente a proposta foi rexeitada cos sete votos en contra do PP e os catro de BNG e Psoe a favor.º

Post navigation

Previous: Peleteiro segue no centro do debate
Next: Melloras na seguridade viaria do IES de Cacheiras

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.