Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois
  • Xeral

Rois aproba dúas mocións co gallo do Día Internacional da Muller

Rois ven de aprobar dúas mocións, unha do PP e outra do PSdeG, relativas á conmemoración do Día Internacional da Muller este 8 de marzo.
Pleno ordinario Rois de aprobación do padrón de habitantes 2022 e constitución da mesa local contra violencia de xénero

Bisbarra, 7 de marzo do 2023 – O pleno municipal de Rois ven de aprobar dúas mocións, unha do PP e outra do PSdeG, relativas á conmemoración do Día Internacional da Muller este 8 de marzo.

As dúas iniciativas recibiron o apoio unánime do Pleno. Teñen como obxectivo, aproveitando o Día da Muller, instar á Xunta e Goberno Central a insistir nas medidas para eliminar as desigualdades de xénero na sociedade.

A moción presentada polo Grupo Popular solicita da Xunta apoio ás “vocacións científicas das nenas e das mozas, principalmente desde o ámbito educativo”. Reclama do goberno autonómico a colaborar con organizacións de mulleres científicas para promover un maior coñecemento dos referentes femininos neste campo, e a proseguir coa formación do profesorado e do persoal de orientación dos centros educativos neste sentido.

Tamén por unanimidade foi aprobada a moción presentada pola edil Patricia Ces en nome do grupo municipal socialista, na que se insta á Xunta de Galicia á creación dun organismo autónomo que deseñe, impulse, avalíe, asesore e coordine as políticas de igualdade de xénero e sensibilice á sociedade galega co fin de conseguir a igualdade real e efectiva de mulleres e homes na nosa Comunidade.

Nesta mesma moción, o PSdeG insta ao Concello de Rois a corrixir a linguaxe sexista en todos os textos municipais. A este respecto, a concelleira popular Mercedes Basante aclarou que esta é unha medida que xa se está a aplicar na actualidade.

Outras mocións

O pleno de Rois votou negativamente á moción presentada por Begoña Ares, concelleira do BNG, referida ao apoio á Iniciativa Lexislativa Popular sobre medidas urxentes para recuperar e fortalecer a atención primaria. O alcalde Ramón Tojo explicou este posicionamento en contra alegando que esta iniciativa responde a un “uso partidista da sanidade”. A moción foi rexeitada cos votos en contra do PP e a favor de PSdeG e BNG.

A outra iniciativa exposta polo BNG referíase á instalación do parque eólico Marco e das infraestruturas anexas e de evacuación, así como da central hidroeléctrica de bombeo reversible do Tambre. Esta moción foi igualmente rexeitada cos votos en contra do Partido Popular.

Na primeira parte do pleno o alcalde, Ramón Tojo, deu conta dos informes de morosidade de tesouraría e de intervención correspondentes ao terceiro e o cuarto trimestres do ano 2022. Os avances en relación coa municipalización do servizo de axuda no fogar ou as axudas doutras administracións recibidas para o Punto de Atención á Infancia que se poñerá en marcha en Urdilde foron algúns dos temas tratados no apartado de rogos e preguntas.

Post navigation

Previous: Noia berrou contra as verteduras en San Finx
Next: O concello de Santiago alegará contra a conexión da autovía de Noia co Milladoiro

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.