Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois
  • Xeral

Rois ratifica o convenio para a nova depuradora

rois-pleno-padron-habitantes-slide-6-novembro-2023_r

Está previsto que as obras en Rois rematen no vindeiro ano cun investimento de 324.731 euros dos que o concello aportará o vinte por cento.

O Pleno do concello de Rois ratificou na última sesión ordinaria o convenio asinado polo alcalde con Augas de Galicia para a construción dunha nova depuradora na parroquia de Sorribas. O obxectivo e rematar cos problemas de saneamento de este núcleo de poboación.

Imaxe de arquivo

O investimento será de 324.731 euros. Destes cartos, o Concello aportará un vinte por cento mentres que o resto será financiado pola Xunta, polo Ministerio de Agricultura e pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

O Concello comprométese a aportar os terreos e as autorizacións necesarias para que Augas de Galicia redacte o proxecto e execute as obras, que teñen por obxectivo implantar un sistema de depuración adecuado en Sorribas. A previsión erematar a obra o vindeiro ano.

O pleno de Rois aprobou así mesmo o convenio de colaboración co Concello de Brión para o acondicionamento da estrada que vai de Codesido a Sabaxáns, cun orzamento de execución de 137.970 euros.

Para levar a cabo este proxecto, o Concello de Rois solicitará unha subvención de 50.000 euros á Dirección Xeral da Administración Local. O resto do orzamento será asumido a partes iguales polos dous concellos, o que supón unha achega de 43.985 euros cada un.

O convenio entre os concellos de Rois e de Brión foi asinado por resolución da alcaldía o pasado 28 de febreiro, ratificada no pleno do pasado venres por unanimidade. Por último, ratificouse tamén por unanimidade unha resolución da alcaldía pola que se emendaban uns erros na presentación do POS+ 2025.

Liña de alta tensión no Castro Lupario

O alcalde, Ramón Tojo, informou o pleno da sentenza da sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) pola que se anula parte do trazado dunha liña eléctrica de alta tensión autorizada pola Xunta, situada na contorna do Castro Lupario e do Camiño Portugués a Santiago de Compostela, por causa da súa afectación a un territorio histórico e paisaxe cultural.

Con esta sentenza, que corresponde ao procedemento ordinario 7331/2022 e que é recurrible en casación ante o propio tribunal, o TSXG aceptou o recurso interposto polo Concello de Rois contra o acordo do Consello da Xunta que aprobou a construción e declarou a utilidade pública da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica. No auto, asinado o pasado 2 de abril, o tribunal imponlle o pago das costas a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais e a Rede Eléctrica de España.

En resposta ao BNG no apartado de rogos e preguntas, o equipo municipal de goberno sinalou que nestes días se acometerá o acondicionamento das rutas de sendeirismo do municipio. Tamén deu conta, por interpelación do PSdeG, dunha subvención de 33.000 euros destinada a reforma do local social da Peruca e da solicitude a Agader doutra achega para poder asfaltar un camiño rural entre Ermedelo e Augasantas que dá servizo a varias fincas.

Post navigation

Previous: Taxis, VTC, aluguer con condutor… e non chegan
Next: Tangos e milongas en Fonseca

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.