Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois
  • Xeral

Rois aproba os orzamentos máis elevados da súa historia

CONCELLO DE ROIS SLIDE

Bisbarra, 9 de febreiro do 2025 – Rois aprobou, nun Pleno extraordinario, os orzamentos para 2025; os máis elevados da historia do municipio xa que ascenden a 5,4 millóns de euros.

Imaxe de arquivo dun pleno en Rois

Na sesión de Rois tamén se aprobou o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+, que ascende a 937.000 euros, entre eles 429.000 para gasto corrente, 221.000 para obras e 327.000 euros para o plan complementario.

Os orzamentos do Concello para 2025 son os máis elevados que aprobou a Corporación de Rois, e nesta ocasión contaron cos votos a favor do equipo de goberno do PP (8), a abstención do PSdeG (2) e o voto en contra do BNG (1).

A maior partida dos orzamentos de Rois resérvase para pagar bens correntes e servizos. Este capítulo increméntase ata os 3,36 millóns debido ao aumento do canon do servizo de recollida do lixo e á posta en funcionamento do Punto de Atención á Infancia (PAI) de Urdilde e do Centro de Atención Temperá. Os gastos de persoal ascenden a 1,23 millóns de euros.

O plan de investimentos para este ano conta con 525.679 euros. Aínda que están incluídas as partidas para o acondicionamento do local para o centro de atención temperá e as aportacións para as obras do POS+, esta partida é inferior á do pasado exercicio porque en 2024 remataron as obras do PAI e da depuradora de Urdilde e o acondicionamento da piscina municipal de Senra.

No apartado de ingresos, a maior partida corresponde ás transferencias correntes que proceden doutras administracións, que supoñen 2,9 millóns de euros.  Este capítulo increméntase respecto de 2024 debido á participación nos tributos do Estado e ás subvencións da Xunta para financiar o PAI de Urdilde e o Centro de Atención Temperá.

Os impostos directos representarán 997.000 euros e os impostos indirectos, outros 620.000. As transferencias de capital suporán outros 337.000 euros de ingresos e as taxas, 574.000.

Debate

A preguntas do PSdeG o alcalde, Ramón Tojo, explicou que Rois vai acondicionar un baixo preto da casa consistorial para establecer alí o Centro de Atención Temperá, que atenderá a menores de 0 a 6 anos dos municipios de Rois, Padrón, Dodro, Pontecesures e Valga que teñan trastorno do desenvolvemento ou que estean en risco de padecelos. Tojo engadiu que os cinco concellos asinaron un convenio para poñer en marcha o centro, que xestionará Rois, e que contará cunha subvención da Xunta.

Plan de Obras e Servizos

Na sesión de onte tamén se aprobou o Plan de Obras e Servizos (POS+) da Deputación da Coruña, que ascende a 978.273 euros contando as obras do plan complementario.

O Concello de Rois reserva 429.878 euros para gastos correntes e 221.179 para a execución de tres proxectos de obras. En concreto, o afirmado e o acondicionamento dos viarios que van dende a DP-7401 ata a igrexa de Herbogo; dende a pista do límite municipal con Brión a Francelos; e dende Cernán ata Vilariño.

Dentro do Plan complementario deste ano 2025, Rois inclúe outros tres proxectos de obras por un importe total de 327.216 euros. Nestas obras figuran o acondicionamento e a humanización da praza de Oín e a súa contorna, e os afirmados e acondicionamentos da pista que vai da DP-7402 ata Albagueira e de varias estradas en Oín.

Este punto foi aprobado cos votos a favor de PP e de BNG e coa abstención do PSdeG.

Post navigation

Previous: Touro podería perder os 900.000 € do POS
Next: Vedra e a camelia protagonistas esta semana en Área Central

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.