Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois

Rois apoia aos traballadores de Lousame pero rexeita integrarse na Mancomunidade

O pleno ordinario de Rois tivo, como un dos puntos destacados, os problemas que veñen denunciando os traballadores da planta de reciclaxe de Lousame.
rois-pleno-slide-6-xullo-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Rois, 9 de novembro do 2021 – O pleno ordinario de Rois tivo, como un dos puntos destacados, os problemas que veñen denunciando os traballadores da planta de reciclaxe de Lousame.
    • 25N
    • Outros temas

Rois, 9 de novembro do 2021 – O pleno ordinario de Rois tivo, como un dos puntos destacados, os problemas que veñen denunciando os traballadores da planta de reciclaxe de Lousame.

PSdeG e BNg presentaron unha moción con distintos puntos en defensa da continuidade da planta de reciclaxe de Lousame más aló de 2023. Na proposta se solicita á presidencia da xunta da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza que convoque a Asemblea de socios (a última foi en 2019) e que elabore o plan de acción. A proposta pide ademais que a Xunta colabore cos modelos de reciclaxe de proximidade que representa esta planta de Lousame.

O alcalde, Ramón Tojo, reiterou o apoio e defensa dos 160 postos de traballos que representa a planta, pero sinalou que no Concello de Rois están “moi descontentos” coa mala calidade do servizo de recollida de lixo. O rexedor rexeitou a posibilidade de que o concello se convertera en membro de pleno dereito da Mancomunidade Serra do Barbanza, entre outros motivos, polo importe da débeda acumulada. O PP votou a favor da moción, pero non do quinto punto da mesma.

25N

O pleno de Rois aprobou ademais por unanimidade unha moción do Partido Popular sobre o 25-N. A proposta, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, pídelle á Xunta de Galicia promover a formación necesaria para o persoal municipal no ámbito da creación ou activación das mesas de coordinación interinstitucional, e a promover encontros de traballo entre o departamento de Igualdade e as entidades locais para o intercambio de boas prácticas en colaboración coa FEMP.

Outros temas

Cos votos a favor de PP e PSdeG, e a abstención do BNG, aprobou se definitivamente o expediente de desafectación dun camiño público na parroquia de Oín.

Post navigation

Previous: Zocas e imaxes para un San Martiño moi agardado
Next: ‘Instantes’ no Colexio de Fonseca

Máis novas

teo rois obradoiro dual 30 setembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Rois e Teo seleccionarán 20 persoas para un novo obradoiro dual de emprego

dodro clausura programa integrado emprego 2026 (5)
3 minutes read
  • Xeral

Dodro clausura o Programa Integrado de Emprego

rois outono cultural 25 setembro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Rois presenta o seu Outono Cultural

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Cartel das próximas citas de Cultura Dispersa en Rois
2 minutes read
  • Axenda

Rois continúa promovendo Cultura Dispersa

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

Andaina por parellas de Rois
2 minutes read
  • Axenda

Andaina por parellas en Rois

Imaxe da sesión plenaria celebrada en Rois
4 minutes read
  • Rois

Rois cederalle a unitaria de Sorribas á Asociación Amipa

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.