Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Rois
  • Xeral

Rois prepara a visita dos Reis

Todas as parroquias do concello de Rois afánanse estes días na preparación da visita dos Reis Magos de Oriente.
reis-rois-slide-28-decembro-2023_r

Bisbarra, 28 de decembro do 2023 – Todas as parroquias do concello de Rois afánanse estes días na preparación da visita dos Reis Magos de Oriente.

As Súas Maxestades visitarán a cativada de Rois o próximo venres 5 de xaneiro. Diferentes entidades de veciños colaborarán co Concello no día de Reis axudando a amenizar a espera con actividades e coa degustación de doces.

Como xa é tradición, os Reis volverán percorrer cada unha das parroquias do municipio para saudar persoalmente a todas as nenas e nenos e recoller as cartas que aínda queden sen mandar.

A AVV Xuventude de Augasantas ofrecerá a partir das 11.00 horas unha chocolatada e talleres para a veciñanza mentres agardan o paso da comitiva real, prevista para as 12.30 horas, e no local social de Codeso, ás 15.00 horas, haberá merenda e sorpresas a cargo da veciñanza parroquial e da Asociación de Mulleres rurais de Ermedelo.

En Urdilde, dende as 15.45 horas, a Comisión de festas instalará un taller de pintacaras ao tempo que ofrecerá diversos petiscos, e en Costa a chocolatada correrá a cargo da Asociación de Veciños o Travadoiro no local social ás 16.30 horas.

En Herbogo tampouco faltarán unha boa merenda e un contacontos ás 17.15 horas, e en Seira, dende as 17.45 horas, a Asociación de Veciños San Lourenzo recibirá aos Reis con chocolate e música.

A comitiva das Súas Maxestades sairá do campo da festa de Rois ás 10.45 horas pasando por Buxán, Leroño, Aguasantas, Ermedelo, Urdilde, Costa, Herbogo, Seira, Sorribas (18.15 h.), Ribasar (18.45 h.) e Oín, onde as 19.30 horas levarase a cabo unha ofrenda na igrexa parroquial.

A xornada rematará coa visita dos Reis Magos ao polideportivo de Rois para asistir á recepción oficial e sumarse á festa que, dende as 18.30 horas, entreterá a espera dos pequenos con música, xogos e talleres. A recepción oficial está prevista para as 20.00 horas e haberá agasallos para a cativada e poderase gozar en familia de rosca e de chocolate. Será un fin de festa marabilloso de cara a noite máis máxica do ano.

O Concello de Rois organiza esta comitiva de Rois Magos grazas á colaboración da Deputación da Coruña, Protección Civil, Asociacións Municipais, OSC e Make Up Charo Ramos.

Post navigation

Previous: A Baña aproba un orzamento de 3,9 millóns de euros
Next: Ames anticipa o fin do 2023

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.