Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Rois

Rois presenta o seu Outono Cultural

O Outono Cultural reúne nove propostas de teatro, música e narración oral para todos os públicos

rois outono cultural 25 setembro 2026

Rois, 25/09/2026 –  O Concello de Rois presenta a programación do Outono Cultural 2026, que achegará ao Auditorio Municipal nove espectáculos de teatro, música, humor e narración oral entre o 10 de outubro e o 28 de novembro. Todas as citas contarán con entrada libre ata completar a capacidade.

A nova edición do Outono Cultural combina teatro profesional e afeccionado con propostas cómicas, musicais e de narración oral. A maior parte das funcións están dirixidas ao público xeral, mentres que as dúas citas dos venres 16 de outubro e 20 de novembro estarán especialmente pensadas para a cativada e as familias.

Catro espectáculos en outubro

O Outono Cultural comezará o sábado 10 de outubro, ás 20.00 horas, con Eco das lendas, un espectáculo de Visioners Entertainment dirixido ao público xeral. A seguinte cita será o venres 16, ás 18.00 horas, con Novos lobos, da compañía Fantoches Baj. A proposta, recomendada a partir dos cinco anos, combina o teatro de monicreques coa narración oral para achegar ao público infantil unha nova mirada sobre estas personaxes dos contos tradicionais.

O humor e a música protagonizarán a función do venres 23 de outubro. Ás 20.00 horas, Pepo Suevos e Dani Dopazo presentarán Aínda estamos de festa, un espectáculo no que as cancións e a comedia compartirán escenario.

A programación de outubro pecharase o sábado 31, tamén ás 20.00 horas, con O proceso, de Malasombra Teatro. A comedia traslada o público ao tempo do Rexurdimento para abordar, arredor da figura de Curros Enríquez, as dificultades que atravesou a lingua galega no camiño cara ao seu recoñecemento como lingua de cultura.

Teatro e contacontos durante novembro

O Outono Cultural retomaranse o sábado 7 de novembro, ás 20.00 horas, con O parvo, do grupo Teatro Badius. A comedia parte dunha invitación a cear que comeza a complicarse cando Francisco Piñeiro, un convidado que semellaba un pouco parvo, empeza a enredar a situación.

Unha semana despois, o sábado 14 á mesma hora, a Asociación Cultural Papaventos representará Lévame ao paraíso. A obra presenta unha peculiar axencia de viaxes que ofrece todo tipo de destinos a quen poida pagalos e propón, desde a retranca e o humor, unha reflexión sobre a felicidade e o prezo das ilusións.

A programación familiar regresará o venres 20 de novembro, ás 18.00 horas, con Planeta LGTBIQ+, da Trastenda dos Contos. Este contacontos, dirixido ao público familiar e especialmente á cativada de entre seis e dez anos, achegará a diversidade de identidades mediante unha proposta adaptada ás primeiras idades.

Ao día seguinte, o sábado 21, ás 20.00 horas, o Grupo de Teatro Municipal de Ribeira subirá ao escenario con De tal pau…, unha montaxe centrada nas relacións entre nais, pais, fillos e fillas.

O Club de Maiores de Boqueixón será o encargado de pechar o Outono Cultural o sábado 28 de novembro, ás 20.00 horas, coa comedia Nós somos así. A través de catro situacións, un científico e unha filósofa investigarán en clave de humor se é certo que os galegos non temos remedio, analizando o noso xeito de ser e de relacionarnos.

Todas as funcións desenvolveranse no Auditorio Municipal de Rois. As propostas para público xeral comezarán ás 20.00 horas, mentres que os espectáculos infantís e familiares dos venres 16 de outubro e 20 de novembro serán ás 18.00 horas. A entrada será libre ata completar a capacidade.

Con esta programación, o Concello de Rois facilita o acceso da veciñanza a diferentes expresións artísticas e ofrece alternativas culturais para distintas idades no propio municipio.

O Outono Cultural 2026 conta co apoio da Xunta de Galicia e de Xacobeo 2027, así como da Deputación da Coruña, a través da Rede Cultural e da área de Igualdade de Xénero.

Post navigation

Previous:  “Praza no Ágora”, a Deputación aborda a crise democrática
Next: A Igrexa da Universidade acollerá o ciclo “Sons de Peto”

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.