займ срочно

Rois aproba un orzamento de catro millóns de euros

0

Rois, 11 de febreiro do 2022 – O concello de Rois aprobou en pleno os orzamentos para o presente ano que ascenden a case catro millóns de euros.

Na sesión de Rois foi tamén aprobado o Plan de Obras e servizos da Deputación, POS+ 2022, con máis dun millón de euros nos diferentes apartados.

Orzamentos

Os presupostos para este exercicio foron aprobados cos seis votos a favor do equipo de goberno (PP) e tres en contra do PSdeG. Dos 3.948.298 euros cos que contará o Concello este ano, a maioría destinaranse para pagar o gasto corrente con 1.993.040 euros.

Os gastos de persoal (1,26 millóns) e os investimentos reais (512.061 euros) son as partidas máis significativas do apartado de gastos, que se completa con outros 173.600 euros para as aportacións benéfico asistenciais, becas, cultura, deportes e o funcionamento da escola infantil de Rois e o centro de día de Urdilde.

No apartado de ingresos, a previsión do Concello é recibir 2,017 millóns de euros das aportacións que fan outras administracións, outro millón trescentos mil euros polo cobro de impostos directos e indirectos e 354.000 de taxas.

Durante o debate, os socialistas indicaron que este orzamento “reflicte as prioridades do goberno” coas que non coinciden polo que votaron en contra.

O alcalde considera aos orzamentos realistas, que axudarán a mellorar a calidade de vida da cidadanía e que tenta priorizar as necesidades da veciñanza segundo os recursos dispoñibles.

Plan de Obras de Servizos

Si houbo unanimidade no plan de obras e servizos da Deputación da Coruña, no que vai participar o Concello de Rois, e que conta con tres grandes liñas de actuación.

O Plan Único de Concellos (POS+ 2022), Rois solicitan 195.839 euros para fianciar gastos correntes e 87.384 para o a condicionamento de viarios en Figueiroa, o que representa un total de 287.401 euros.

No POS+ adicional 1/2022 para financiar gastos sociais extraordinarios, solicítanse á deputación 68.543 euros. Con eles preténdese ampliar o persoal técnico e administrativo vinculado a este departamento (30.496 €), ampliar as partidas municipais para axudas de emerxencia social (25.000 €), ampliar o servizo de axuda no fogar (8.000 €), reforzar as axudas económica para respiro familiar (2.000 €) e medidas sociais extraordinarias (15.000 euros).

A terceira partida do POS correspóndese coas obras do Plan complementario, que conta cun orzamento total de 813.839 euros, e que inclúen obras de afirmado e acondicionamento de diversas estradas. En concreto a pista da AC308 a Sabacedo (148.343 €), da DP7402 a Albagueira (112.139), de Sorribas a Vilar de Abade (58.433), da AC301 a Leroño e a Casa do Vento (144.049), no Pazo e de Cernán a Vilariño (103.564) dende Seaxe ata o límite municipal con Brión (128.111) e varias pistas de Seaxe a Francelos (119.196 euros).

O POS foi aprobado por unanimidade dos dous grupos presentes na sesión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies