Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois
  • Xeral

“Rois nun bocado!”, primeiro concurso de tapas de Rois

Rois: alcalde e hosteleiros presentan a primeira edición do concurso de tapas 'Rois nun bocado'

Pola esquerda: Marlon García (bar Malecon), María José Rodríguez (Casa Benjamín), Ramón Rojo (alcalde), Jesús Mosquera (O Pemento), Santiago Tarrío (Taberna Angueira) e Ana Castro (cafe bar A Lúa)

Promovido polo Concello, “Rois nun bocado!” desenvolverase do 7 ao 23 de novembro coa participación de nove establecementos como xeito de promocionar a gastronomía local.

Pola esquerda: Marlon García (bar Malecon), María José Rodríguez (Casa Benjamín), Ramón Rojo (alcalde), Jesús Mosquera (O Pemento), Santiago Tarrío (Taberna Angueira) e Ana Castro (cafe bar A Lúa)

O alcalde Ramón Tojo e cinco dos hostaleiros participantes presentaron o I Concurso de tapas “Rois nun bocado!”, unha iniciativa municipal que busca poñer en valor a creatividade gastronómica da hostalería local, dinamizar a vida social e fomentar a cultura das tapas no concello.

As tapas terán un prezo de 2 euros e os clientes que degusten polo menos tres en dúas zonas diferentes poderán participar nun sorteo de tres vales de 100 euros. “Rois nun bocado!” desenvolverase do 7 ao 23 de novembro e contará coa participación de nove establecementos hostaleiros e de restauración (bares, cafeterías e restaurantes) de distintas zonas de Rois.

Cada fin de semana poderán degustarse as tapas en cada unha das tres zonas establecidas:

Zona 1: Urdilde, do 7 ao 9 de novembro, con Hotel Camiño do Mar e a Casa rural Fogar do Selmo.

Zona 2: Augasantas, do 14 ao 16 de novembro, con Taberna Angueira e o Restaurante Casa Benjamín.

Zona 3: Oín, Rois, Seira e Sorribas, do 21 ao 23 de novembro, con Café-bar A Lúa, Café-bar Malecón, Taberna O Pemento, Bar Muelle Rois e o Restaurante Val de Rois.

O alcalde, Ramón Tojo, dixo que con “Rois nun bocado! queremos dar a coñecer a hostalería de Rois. Temos moi bos produtos e bos hostaleiros e queremos que moita xente da comarca e de fora da poida comprobalo in situ”.

Na presentación, o alcalde estivo acompañado por Marlón García (café bar Malecón); María José Rodríguez (Casa Benjamín), Chus Mosquera (O Pemento), Santi Tarrío (taberna Angueira) e Ana Castro (café bar A Lúa). Todos coincidiron en resaltar que este primeiro concurso de tapas servirá para “promocionar a nosa gastronomía e os nosos produtos e para dar a coñecer a variada oferta que temos en Rois”.

Tapas a 2 euros

Cada establecemento presenta unha única tapa, salgada ou doce, fría ou quente, ao prezo de 2 euros. O Concello establece tres premios, de 300, 250 e 150 euros e placa acreditativa para as mellores tapas. Os clientes maiores de 18 anos serán os encargados de elixir aos gañadores cos seus votos.

Ademais de degustar as tapas, os clientes teñen a opción de gañar un dos tres vales de 100 euros que se sortearán para gastar nos establecementos participantes nesta primeira edición de Rois nun bocado!

Os locais entregarán un tríptico informativo aos seus clientes. Estes deberán selalo tras degustar as tapas, elixir a súa favorita e depositalo nas furnas que hai en cada un dos nove locais. Para participar neste sorteo de agasallos será necesario cubrir un mínimo de tres selos en dúas zonas diferentes.

Co I Concurso de tapas Rois nun bocado!, o Concello de Rois busca consolidar un evento anual que fomente a creatividade culinaria, incentive o turismo e reforce a vida social do municipio.

Post navigation

Previous: Compostela no papel das Xornadas de Ilustración Urbana
Next: Teo acolle unha xornada formativa arredor da menopausa

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.