Bisbarra, 11 de novembro do 2024 – Rois aprobou por unanimidade solicitar revisión do padrón municipal de habitantes a 1 de xaneiro deste ano, que mantén en 4.395 as persoas censadas en Rois, a mesma poboación que un ano antes, foi aprobada tamén por unanimidade.
O alcalde, Ramón Tojo, manifestou o apoio do goberno local do PP a proposta socialista para solicitarlle ao Goberno central a gratuidade da autoestrada AP-9 no tramo entre Padrón e Santiago, unha medida que beneficiará a toda a veciñanza e empresarios da comarca. Unha medida similar foi aprobada nos municipios da contorna dende que o Concello de Ames comezou as obras na N-550 no Milladoiro.
O pleno aprobou todos os puntos do pleno ordinario por unanimidade, incluíndo as tres mocións presentadas pola oposición. Ademais da solicitude da gratuidade da AP-9, o pleno pediralle á Xunta máis recursos para loitar contra a violencia de xénero e porá en marcha cursos para evitar as estafas dixitais entre a veciñanza.
Considerou axeitada a proposta, aínda que reclamou que a gratuidade debería ser para toda a autoestrada AP-9, e que a mesma debería se transferida a Galicia. O alcalde considera un agravio comparativo que noutras comunidades autónomas, como Cataluña, o Goberno central elimine peaxes mentres os mantén en Galicia. “Esta semana saída en prensa que mentres en Cataluña só quedan 51 quilómetros de peaxes, Galicia mantén 334”, asegurou o portavoz popular, Antonio Esparís.
Tamén por unanimidade aprobouse a proposta do BNG relativa ao 25-N para solicitarlle á Xunta máis recursos para loitar contra a violencia machista, entre os que figura mellorar e manter servizos de saúde mental na sanidade pública, mellorar a financiación dos centros de información á muller (CIM) e non privatizar os servizos de atención ás vítimas durante as 24 horas. O PP recoñeceu que o CIM Terras de Iria, que atende aos concellos de Rois, Padrón e Dodro necesita máis financiación para atender ás mulleres da comarca.
Por outra banda, o Concello de Rois organizará cursos e charlas formativas e informativas entre a veciñanza para evitar as estafas dixitais, como solicitou o BNG nunha moción. Os tres grupos coincidiron que que as persoas maiores son máis vulnerables a este tipo de estafas, especialmente as bancarias, polo que se incluirán cursos de sensibilización dentro do programa dos ‘Cursos de Inverno’ que ten xa en marcha o Concello e nos que se inclúen accións formativas sobre iniciación na informática e uso de aplicacións no teléfono móbil.