займ срочно

Melloras no centro de saúde de Urdilde en Rois

0

Bisbarra, 4 de decembro do 2023 – O concello de Rois ven de acometer melloras no centro de saúde de Urdilde abrindo un novo espazo de atención e cambiado o tellado do edificio.

Rois solicitara do SERGAS a habilitación dunha praza de persoal de servizos xerais en este centro de saúde. Agora o concello habilita un espazo dentro do edificio para que o novo profesional poda atender á veciñanza. Estará situado na entrada e contará cun mostrados, acceso ás redes de datos, telefonía e electricidade.

O alcalde, Ramón Tojo, e a tenente de alcalde, Mercedes Basante, visitaron o centro de saúde de Urdilde para ver o resultado destas actuacións e coñecer ao novo persoal que desenvolve o seu traballo. Ademais da traballadora de servizos xerais, ao centro de saúde incorpórase tamén a nova enfermeira titular da praza.

Ramón Tojo e Mercedes Basante puideron comprobar tamén os traballos para cambiar o tellado do edificio, ao que se lle van poñer paneis de aluminio con illante para mellorar a eficiencia enerxética do mesmo. Estas obras tamén son acometidas polo Concello de Rois.

O Sergas tamén habilitou un novo número de teléfono para chamar ao centro e poder solicitar citas: 981 723 302.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies