займ срочно

Rois abre o prazo para as Mañás Entroideiras

0

Rois, 9 de febreiro do 2022 – O Concello de Rois abre o prazo de inscrición para as Mañás Entroideiras, un campamento de conciliación dirixido a nenos e nenas escolarizados desde 4º de educación infantil.

As actividades das Mañás Entroideiras celebraranse nos polideportivos de Rois e Urdilde entre o luns 28 de febreiro e o mércores 2 de marzo, coincidindo coas vacacións escolares, dende as 9.30 ata as 14.00 horas, se ben o Concello ofrece un servizo de Amencer a partir das 7.30 h que permite ampliar este horario.

O prezo das Mañás Entroideiras é de 5 euros, que se incrementa noutros 5 euros no caso de apuntarse ao servizo de Amencer. O Concello de Rois contempla bonificacións dun 25% para familias monoparentais, numerosas ou segundo irmán ou irmá participante.

Aquelas familias que estean interesadas en participar neste campamento de conciliación de tres días de duración poderán anotarse a través do formulario en liña dispoñible na páxina web municipal, na sección de xestións e trámites, neste enlace. Pódese solicitar máis información no edificio multiúsos de Rois (981 816 061; ver horario neste enlace) ou enviando un mail a inscricions@rois.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies