займ срочно

Rois loita contra o abuso infantil cunha xornadas de formación

0

Rois, 26 de outubro do 2021 – O Concello de Rois organiza unhas xornadas formativas sobre prevención e detección do abuso infantil dirixidas a profesionais vencellados coa infancia.

Serán catro charlas gratuítas nas que coñecer ferramentas de oita contra o maltrato infantil. Poderán participar profesionais como profesores, dos centros educativos do concello, monitores deportivos ou de tempo libre e persoal técnico municipal.

O obxectivo é realizar unha formación básica sobre como detectar e como actuar ante posibles casos de violencia ou abuso sexual nas persoas menores. A primeira das charlas vai destinada ao persoal técnico deportivo, monitorado e dirección de actividades de tempo libre, con preferencia para as persoas empadroadas en Rois. Será o martes 2 de novembro de 19.00 a 21.00 h no auditorio municipal.

Os martes 9 e 16 de novembro, as charlas irán destinadas a persoal docente dos centros educativos de Rois. Por último, o persoal técnico municipal dos concellos de Dodro, Padrón e Rois, especialmente o relacionado co departamento de Servizos Sociais, participará na última das charlas, que se desenvolverá o venres 19 de novembro no auditorio municipal entre as 10.00 e as 14.00 horas.

Formación a cargo de Amino.gal

A formación correrá a cargo de Amino.gal, unha entidade sen ánimo de lucro formada por un grupo de profesionais de diferentes ámbitos vinculados coa infancia e coa adolescencia e especializada na detección e prevención do ASI (Abuso Sexual Infantil).

A matrícula é gratuíta con inscrición previa, que poderá realizarse enviando un correo electrónico a inscricions@rois.gal no que se indique a xornada á que se desexa asistir, nome e apelidos, perfil profesional, data de nacemento, enderezo, DNI e teléfono de contacto. O Concello de Rois emitirá un certificado de asistencia.

Esta acción formativa conta co financiamento a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, dentro do Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. Trátase dunha operación financiada pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo (FSE), como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies