Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois
  • Xeral

Rois levará a LAT que pasa polo Castro Lupario ao Tribunal Superior

O acordo do Consello da Xunta que autoriza a LAT que pasará polo Castro Lupario será levado ao TSXG polo concello de Rois.
pleno-rois-plan-antiincendios-slide-4-xaneiro-2022_r

Bisbarra, 25 de outubro do 2022 – O acordo do Consello da Xunta que autoriza a LAT, liña de alta tensión, que pasará polo Castro Lupario será levado ao TSXG polo concello de Rois.

Imaxe de arquivo dun pleno en Rois

Rois presentará ante o Tribunal de Xustiza de Galicia un recurso contencioso administrativo. O acordo foi aprobado cos votos a favor dos seis concelleiros do equipo de goberno do PP presentes na sesión.

Antes da votación, os tres concelleiros socialistas abandonaron o salón de plenos alegando que non se lle facilitou o informe xurídico nin a información relativa ao expediente. A representante do BNG non acudiu a sesión.

O portavoz do socialista, Manuel Regueira, asegurou que o PSdeG xa preguntara no Parlamento galego e que non vai recorrer o acordo plenario de hoxe. “Non queremos participar desta comparsa, polo que o mellor que podemos facer e abandonar a sesión”, dixo antes de saír os tres do salón de plenos.

Pola súa banda, o alcalde, Ramón Tojo, dixo que “o grao de compromiso do grupo socialista é mínimo, tanto con esta como con outras causas”. O alcalde recordou que o grupo de goberno, que conta con maioría absoluta na Corporación, “solicitou o apoio dos outros grupos. Uns abandonan a sesión e outros non viñeron. Temos suficiente apoio e asesoramento para presentar este recurso”, concluíu o rexedor.

O pasado mes de agosto, a Xunta de Galicia daba o visto bo ao proxecto dunha liña de alta tensión, con torres de 60 metros de altura, entre Lousame e Tivo (Caldas) que pasa por riba de Angueira de Castro e moi preto do Castro Lupario.

Onte contabamos que o PSdeG levou ao Parlamento este tema o pasado venres. Preguntas que volverán a presentarse ante a falta de respostas claras sobre os informes usados para a autorización da liña.

O acordo foi publicado no DOG o 30 de agosto, polo que o Concello de Rois ten ata o día 30 deste mes para anunciar a presentación de recurso contencioso administrativo diante do TSXG, segundo dixo o alcalde no pleno.

Post navigation

Previous: Impulsan unha recadación de fondos para litigar contra os parques eólicos
Next: VIII Concurso de Fotografía “Paisaxes de Boqueixón”

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.