Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois
  • Xeral

O certame literario de Rois levará o nome de Lois Aldegunde

Rois organizou unha homenaxe ao docente Lois Aldegunde, profesor de Lingua e Literatura do CPI dos Dices, polos seus vinte e cinco anos ensinando.
Máis de 400 persoas asisten ao homenaxe que o Concello de Rois lle dedicou ao profesor Lois Aldegunde

Bisbarra, 17 de abril do 2023 – O concello de Rois organizou unha homenaxe ao docente Lois Aldegunde, profesor de Lingua e Literatura do CPI dos Dices, polos seus vinte e cinco anos ensinando.

Lois Aldegunde, que deixa a docencia enfermo de ELA, dará ademais nome ao certame literario que organiza anualmente o concello de Rois. O alcalde, Ramón Tojo, explicou que se tomaba a deicisón “en recoñecemento ao seu labor e quefacer profesional e humano”.

Pola súa banda a directora do CPI dos Dices, Ana Lamela, referiuse ao docente como o “gran dinamizador da lectura e da oratoria” entre o alumnado.  O homenaxeado, que estivo acompañado da súa familia, recibiu de mans de Ramón Tojo unha figura do escultor Camilo Seira coa lenda A Lois Aldegunde, pola súa traxectoria e a súa sementeira en Rois.

Na súa intervención, Ramón Tojo agradeceu ao profesor o seu traballo e a súa implicación na formación de xeracións de mozas e de mozos do municipio, así como a súa colaboración desinteresada nas diferentes accións socioeducativas e culturais impulsadas dende o Concello. O alcalde subliñou que o docente leva 25 anos traballando en Rois “sementando nas mentes e nos corazóns de moitas xeracións o amor pola nosa lingua e pola nosa cultura”, dixo. Neste senso remarcou que Aldegunde foi un dos grandes impulsores do Club de Debate, “e foi quen de convencer e involucrar ao seu alumnado no club, levando ao equipo de Rois a varias finais e acadando diversos premios, dos que estamos moi orgullosos”.

Unha labor que tamén destacou a directora do CPI Os Dices, quen na súa intervención aproveitou para facer unha pequena lembranza do homenaxeado. Ademais do Club de Debate, Ana Lamela destacou outras iniciativas impulsadas por Aldegunde como os Telexornais das Letras Galegas, “nos que se involucraron centos de alumnos e alumnas para presumir do que temos máis cerca, das nosas raíces, da nosa cultura”, dixo.

Lamela lembrou que os telexornais de Aldegunde puxeron a Rois no mapa a nivel nacional. “Centros doutras comunidades autónomas nos teñen pedido imaxes destes informativos”, indicou a directora.

Ana Lamela lembrou que Aldegunde chegou por primeira vez ao CPI Os Dices o 1 de setembro de 1998 para impartir Lingua e Literatura e  foi secretario do centro escolar durante 8 anos. Tamén fixo fincapé no traballo que o docente realizou na biblioteca e a paixón que inculcou entre o alumnado “polas nosas letras e os libros”.

A homenaxe, celebrada no polideportivo, contou cunha ampla representación do alumnado das 25 promocións ás que lle deu clase Lois Aldegunde e compañeiros de profesión. Nas diferentes intervencións todas as persoas participantes amosaron o seu agarimo polo docente, destacando a súa paixón, compromiso e amor pola educación, pola lingua e a cultura galega e por Rois.

Tamén se proxectaron diversos vídeos protagonizados polo profesorado e alumnado do centro, con fotos, poemas e unha lembranza en imaxes do traballo feito por Lois no CPI dos Dices. Houbo unha pequena peza e unha mención a unha obra teatral, ambas dirixidas no seu día polo docente, e tocouse unha muiñeira. E para finalizar o emotivo acto, representantes das diferentes promocións de estudantes do centro educativo de Rois entregáronlle a Lois Aldegunde unhas orlas.

Post navigation

Previous: Comezan os traballos previos na mina de San Finx
Next: “Whispering Mirrors”, nova mostra da USC na Igrexa da Universidade

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.