Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois
  • Xeral

Rois prepárase para desfrutar do Entroido

 Rois celebrará o Entroido cunha gran festa que se desenvolverá o sábado 10 de febreiro e contará con concurso de disfraces, merenda e a actuación musical.
Desfile e concurso de Entroido en Rois 2023

Bisbarra, 23 de xaneiro do 2024 –  Rois celebrará o Entroido cunha gran festa que se desenvolverá o sábado 10 de febreiro e contará con concurso de disfraces, merenda e a actuación musical.

O concurso de Rois repartirá 1.800 euros en premios entre os primeiros clasificados en seis categorías. Celebrarase a partir das catro e media da tarde, primeiro na Casa Consistorial para repartir dorsais, e despois desfilando ata o pavillón dos Dices.

A festa rematará coa actuación do Trío Soprano despois de desfrutar da merenda e do concurso. Haberá vintena de premios que recoñecerán a orixinalidade e o atractivo dos disfraces en seis categorías: infantil individual, individual de máis de 12 anos, parella/trío; comparsa infantil de ata doce integrantes, comparsa de ata 12 persoas e comparsa de máis de trece membros. A contía dos premios ascende a un total de 1.800€.

Todas aquelas persoas ou grupos interesados en participar no concurso de Entroido deberán inscribirse previamente cubrindo o formulario que atoparán dispoñible na páxina web do Concello de Rois (www.rois.es) a partir do mércores 24 de xaneiro. O prazo de inscricións estará aberto ata o mércores 7 de febreiro.

No caso das comparsas, ao facer a inscrición debe facerse constar unha persoa representante, da que se indicará nome completo, número de contacto e NIF de quen ha de asinar a solicitude e un compromiso de responsabilidade. Tamén deberán entregar o certificado do número de conta bancaria.

A maiores dos premios do concurso xeral, concederanse outros tres para recoñecer o Espírito entroideiro das distintas asociacións. Nesta categoría, ademais de aspectos como a orixinalidade, a utilización de materiais de refugallo ou a posta en escena, valorarase a calidade na ambientación dos postos e dos produtos gastronómicos que ofrezan. As bases do concurso poden descargarse na web do Concello de Rois.

Post navigation

Previous: Milleiros de persoas “en defenda do futuro do noso mar”
Next: Elefante Elegante estrea “Kyoki” que aborda o tema do Alzhéimer

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.