Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Rois
  • Xeral

Rois e Dodro reclaman pediatra

imaxe reunion

Bisbarra, 2 de febreiro do 2025 – Os alcaldes de Dodro, Xabier Castro, e Rois, Ramón Tojo, reuníronse esta semana co xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Ángel Facio, ante a preocupación da veciñanza pola xubilación do pediatra que atende  a estes concellos.

A reunión fora solicitada polos rexedores e tivo lugar o pasado xoves. No transcurso do encontro o Xerente informoulles das xestións que está a levar a cabo desde a dirección da área sanitaria compostelá para atopar un pediatra que manteña a atención sanitaria.

No encontro, no que tamén estivo o director de procesos asistenciais da área sanitaria, Javier Ventosa, púxose de manifesto os problemas que ten a sanidade pública para atopar pediatras en atención primaria. Non obstante “mantense firme o compromiso de volver á situación previa á xubilación do actual pediatra, nas mesmas condicións”.

Dodro comparte pediatra con Rois. Hai un único profesional que atende aos nenos e nenas de ambos Centros de Saúde xa que entrambos suman un cupo de preto de 450 nenos/as en total, cando a sociedades científicas recomendan cupos tope de 900 nenos/as.

O alcalde de Dodro, Xabier Castro, insistiu na necesidade de atopar unha solución e na importancia que este tipo de servizos teñen no rural. Para Xabier Castro “non se pode dar nin un paso atrás en servizos para poder garantir o futuro do rural”.

Situación actual

Na actualidade o pediatra titular está ausente e xa non se incorporará porque se xubila, así pois, a dirección de atención primaria leva meses facendo unha busca activa para atopar substituto. Mentres, os pacientes pediátricos son atendidos no Centro de Saúde de Padrón, que ten un pediatra titular e conta cun reforzo temporal doutro pediatra en canto non se acade a contratación doutro profesional para esta praza.

Desde a Xerencia destacan que os menores teñen a atención sanitaria totalmente garantida. Tanto polo propio médico de familia dos seus centros de saúde (os maiores de 2 anos) como por un pediatra en Padrón (os menores de 2 anos). Cando o facultativo de Atención Primaria de Dodro ou Rois o estime necesario, será un pediatra o que atenda aos nenos de máis de dous anos.

Destacar que non hai demora na atención sanitaria en ningún destes centros e que dada esta situación temporal a solicitude de cita para unha consulta ten que ser telefónica ou presencial, non vía internet.

Post navigation

Previous: O IESP de Ames manterá o horario actual
Next: O festival Norte Cinema Diverso chegará a Santa Comba

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Hemeroteca

Agosto 2026
L M Me M V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
« Xul    

Etiquetas

25N alcaldes asociacións e fundacións Ciencia Comercio e empresa Coronavirus Crechas Cultura Curtocircuito Deportes Economía Educación eleccions Emprego Entroido Festas e Feiras Festivais Galego Institucións lixo Mancomunidade de Ordes Mandingo Medio Ambiente muller Nadal Obradoiro Cab o máis lido da semana Patrimonio Plataforma Casalonga limpa de residuos Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON Plenos Politica saúde Servizos sindicatos Social sucesos Tabernalia Tecnoloxía Transporte e estradas Turismo Universidade urbanismo xuntas de goberno Xustiza

RSS RSS

  • Comeza o XXIII edición do Feito a Man 4 Agosto, 2026
  • O Festival C enche Compostela 4 Agosto, 2026
  • Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest 1 Agosto, 2026
  • Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro 31 Xullo, 2026
  • Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías 31 Xullo, 2026
  • Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas 31 Xullo, 2026
  • Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM 30 Xullo, 2026
  • Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado 30 Xullo, 2026
  • “CANTAMOS!” coa Real Filharmonía 30 Xullo, 2026
  • Catro empresas distintas atenden o SAF de Padrón 29 Xullo, 2026

Meta

  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.org
Política de cookies
Lindeiros.net é un lugar xestionado e editado por Lindeiros sc,. A información que publicamos chega na sua maioría de axencias de comunicación e gabinetes de prensa.
Licencia Creative Commons
Lindeiros por Lindeiros sc distribuese baixo unha Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial 4.0 Internacional.   Política de cookies
Notas de prensa e mailing: redaccionlindeiros@gmail.com Contacto: contacto@lindeiros.com Publicidade:publicidadelindeiros@gmail.com
Lindeiros.net é un lugar xestionado e editado por Lindeiros sc,. A información que publicamos chega na sua maioría de axencias de comunicación e gabinetes de prensa.
cropped-cropped-cropped-Lindeiros-Nadal-2016-grande-cabecera_d.png

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.