займ срочно

Rois difunde entre a veciñanza o proxecto do Camiño pola Ría de Muros Noia

0

Rois, 9 de marzo do 2021 –  O Concello de Rois presentou o proxecto do Camiño pola Ría de Muros Noia á veciñanza de Urdilde e Ermedelo.

Na xuntanza o concello de Rois mostrou o trazado e outros aspectos que poden servir para dinamizar o turismo no norte do municipio.

En vías de ser oficial

Camiño pola Ría de Muros Noia xa foi recoñecido polo Arcebispado de Santiago e agora está sendo analizado pola Xunta de Galicia para ter o recoñecemento oficial.

O técnico da Asociación de Concellos que impulsan a ruta, Sebastián Valverde, e o tenente de alcalde e representante de Rois na asociación, Manuel Dos Santos, animaron a veciñanza a aproveitar este trazado para dinamizar o tecido produtivo da zona.

O alcalde, Ramón Tojo, explicou que “dende o Concello animámosvos a poñer en marcha iniciativas que poidan axudar aos peregrinos e, ao mesmo tempo, tamén aos vosos negocios, sexan do tipo que sexan”.

Á reunión asistiron representantes de diferentes asociacións de Urdilde, aínda que tamén estaban convocados os de Ermedelo, as dúas parroquias polas que pasa este trazado do Camiño de Santiago. Tamén estivo presente a concelleira de Cultura, Victoria Quiroga. En todo momento se respectaron as medidas de seguridade para evitar a propagación da covid-19.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies