займ срочно

Día de Rosalía en Rois

0

Bisbarra, 21 de febreiro do 2023 – O concello de Rois ven de presentar as actividades relacionadas co Día de Rosalía que se celebra o 23 de febreiro, data do seu nacemento.

En este ano chégase ao 186 aniversario do nacemento de Rosalía. Rois preparou un programa que vai desde a gastronomía á poesía, pasando por certames na rede, unha ofrenda floral ou un roteiro didáctico.

Nenos e nenas da escola infantil Galiña Azul de Rois plantaron fillas da figueira da Casa da Matanza polo Día de Rosalía 2022. O mesmo fixo o alumnado do CEIP O Pumar-Urdilde.

Caldo de Gloria

Rosalía está moi vinculada a Rois e para lembrala dez locais de hostalería repartirán entre a clientela tapas de caldo de gloria, a modesta receita que describe Rosalía no poema do mesmo título. Participarán a Taberna Angueira, Taberna Casa, Benjamín, Hotel Camiño do Mar, Mesón A Casiña, Bar O Pemento, Café-bar Rafa, Bar O Toxiño, Club de golf Val de Rois e Taberna Venezuela.

Estes locais distribuirán, ademais dos manteis conmemorativos elaborados pola Fundación Rosalía de Castro, un marcapáxinas editado polo Concello de Rois especialmente para esta data.

Ofrenda floral

O acto máis formal da celebración do Día de Rosalía levarase a cabo o mesmo 23 de febreiro ás 10:30h, no multiúsos roisense. As autoridades municipais farán unha ofrenda floral á poeta fronte ao mural vexetal, obra de Camilo Seira, que engalana a entrada principal. O alumnado dos colexios públicos de Rois recitará poemas da homenaxeada.

Rematada a ofrenda floral, contra as 11:00h, os escolares poderán coñecer lugares ligados á figura da escritora a través dunha andaina polo tramo roisense da ruta Rosalía nos camiños.

Concurso en redes

O Concello de Rois organiza, ademais, un concurso en internet no que se pode participar desde ata o 28 de febreiro. Sortearase unha peneira realizada polo Centro Ocupacional Amipa entre todas as persoas que compartan algún contido relacionado coa poeta nas redes sociais utilizando os cancelos #DíadeRosalía (xenérico da celebración) e #RoisconRosalía. Poden subirse cancións, lecturas de poemas, reflexións ou calquera tipo de material que teña que resalte a importancia de Rosalía para a cultura galega.

Rois, mecenas da Fundación Rosalía

Os actos do Día de Rosalía son unha acción que remarca a vinculación do Concello de Rois coa escritora máis importante das letras galegas. O Concello é mecenas da Fundación Rosalía de Castro; a través desta fórmula de colaboración, ao longo do ano ofrécense visitas guiadas adaptadas á idade ás entidades educativa do municipio e ás asociacións culturais, ademais de favorecer a promoción de Rois como territorio ligado indisolublemente á obra da poeta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies