Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois
  • Xeral

Rois celebra o Día de Rosalía

rois dia de rosalia slide 18 febreiro 2025

Bisbarra, 19 de febreiro do 2025 – Rois prepárase para celebrar o Día de Rosalía cunha programación diversa que combina gastronomía, música e literatura para renderlle homenaxe á gran poeta galega.

O “Caldo de Gloria”, inspirado no poema Miña casiña, meu lar, será unha vez máis o protagonista desta celebración, acompañado por actividades culturais ao longo do mes de febreiro.

O domingo 23 de febreiro, os establecementos hostaleiros do municipio ofrecerán unha tapa de caldo de gloria a todas as persoas que se acheguen a degustalo, levando tamén un orixinal pousavasos en homenaxe á Rosalía.

Un total de 11 locais participan nesta iniciativa: Mesón A Casiña, Café-bar A Lúa, Taberna Angueira, Hotel Camiño do Mar, Taberna Casa Benjamín, Casa rural Fogar do Selmo, Café-bar Malecón, Bar Muelle, Bar O Pemento, Club de golf Val de Rois e Taberna Venezuela.

A música terá un papel fundamental nesta conmemoración, cunha serie de concertos organizados no Auditorio municipal. O venres 21 e o sábado 22 de febreiro, a Escola Municipal de Música de Rois ofrecerá dous concertos de solistas, mentres que o domingo 23 será Xoán Curiel quen presente o seu espectáculo Treides comigo!, no que tamén participará alumnado da ESMU.

Dende o 21 de febreiro e ata final de mes, a biblioteca municipal de Rois contará cun espazo dedicado a Rosalía, onde as persoas visitantes poderán descubrir novas adquisicións literarias sobre a escritora e facerse unha foto no posadoiro especial preparado para a ocasión.

Un ano máis, o Concello anima a toda a cidadanía a compartir contidos relacionados con Rosalía nas redes sociais entre o 21 e o 28 de febreiro, utilizando os cancelos #RoisconRosalía e #DíadeRosalía. Entre todas as persoas participantes sortearanse dous lotes de libros sobre a autora, un en Facebook e outro en Instagram.

Como parte da homenaxe, o Concello distribuirá 2.025 manteis e 1.000 pousavasos conmemorativos nos centros educativos CPI Os Dices, CPPI O Pumar e A Galiña Azul, así como na Asociación Amipa e no Centro de día de Urdilde.

Ademais, Rois tamén se suma ao VII Festival Rosalía “Sen pombas nin flores”, impulsado pola Deputación da Coruña, cuxa programación pode consultarse aqui.

O Concello de Rois convida a toda a veciñanza a participar nestas actividades para celebrar a Rosalía en comunidade e manter vivo o seu legado. Esta programación conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural, así como da Casa de Rosalía, da que o Concello é mecenas.

Post navigation

Previous: Dodro celebra o Día de Rosalía
Next: Entroido de Brión 2025

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.