Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois
  • Xeral

Jaime Blanco dará un curso de micoloxía en Rois

O edificio multiúsos de Rois acollerá durante tres venres e tres sábados de novembro e decembro un curso de micoloxía que impartirá Jaime Blanco Dios.
ames-aula-da-natureza-saida-micoloxica-slide-6-decembro-2018_r

Bisbarra, 28 de outubro do 2022 – O edificio multiúsos de Rois acollerá durante tres venres e tres sábados de novembro e decembro un curso de micoloxía que impartirá Jaime Blanco Dios.

Blanco é experto micólogo, presidente da Asociación Micolóxica Brincabois e descubridor nos últimos anos de varias especies de cogomelos en Galicia. O obxectivo do curso de micoloxía é coñecer as especies da contorna e recoñecer cales son comestibles. Contémplanse saídas ao monte para recompilar especies e taller de cociña.

A actividade terá un custo de 30 euros por persoa e  desenvolverase os días 18, 19, 25 e 26 de novembro e 2 e 3 de decembro. As sesión terán lugar os venres de 20.00 a 22.00 horas e os sábados pola mañá, de 10.00 a 14.00 horas. En total serán 30 horas de formación.

As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata o 10 de novembro para inscribirse, enviado un mail cos seus datos (nome e apelidos, domicilio, teléfono de contacto e DNI) ao enderezo inscricións@rois.gal. Unha vez formalizada a inscrición, recibirán unha mensaxe confirmando se se vai realizar o curso e a forma de pagamento.

Para calquera dúbida ou máis información as persoas interesadas poderán dirixirse ao edificio multiúsos de Rois ou chamar ao teléfono 981 816 061. O Concello resérvase o dereito a cancelar o curso se non se acadan as prazas mínimas.

Post navigation

Previous: O pleno de Teo aproba estudar a municipalización do servizo de lixo
Next: Teo presenta a programación do San Martiño 2022

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.