Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois
  • Xeral

Rois restaura o cruceiro de Contimunde

Rois ven de restaurar o cruceiro de Contimunde, que fora derrubado hai uns anos por un temporal, seguindo as directrices de Patrimonio. 
José Tojo e escultorJosé Conde visitan cruceiro Contimunde, restaurado polo Concello

Bisbarra, 5 de abril do 2023 – O concello de Rois ven de restaurar o cruceiro de Contimunde, que fora derrubado hai uns anos por un temporal, seguindo as directrices de Patrimonio. 

O cruceiro de Contimunde, en Rois, e coñecido en ese lugar como o cruceiro de Pérez. Ata o lugar desprazáronse o alcalde de Rois, Ramón Tojo, e o concelleiro de Obras, Carlos Ares, acompañados polo escultor que levou a cabo os traballos de restauración, José Conde, natural de Sorribas.

As actuacións demoráronse no tempo xa que houbo que solicitar os pertinentes permisos, “aínda que o groso da restauración levou dous intensos meses”, remarcou o alcalde, quen subliña que José Conde “realizou un minucioso traballo de restauración deste ben patrimonial”.

Os traballos consistiron en pegar con resinas especiais as partes danadas, empregando variñas de fibra de carbono. Reconstruíronse as partes danadas e procedeuse á limpeza manual de cada unha das pezas, ao tratarse dun ben patrimonial, e seláronse todas as fisuras con morteiro de cal, explicou José Conde, o escultor de Sorribas. Uns traballos moi minuciosas que requiren bastante tempo, engadiu.

A parte superior do cruceiro de Pérez, coa imaxe da Virxe e de Xesús, fechado no século XIX, fora derrubada por un poste telefónico de madeira que caeu por un temporal acaecido en decembro de 2019. As pezas foron custodiadas polo Concello ata que Patrimonio autorizou a súa restauración, que foi asumido polo seguro da empresa telefónica.

Post navigation

Previous: A XII edición do Millarock terá lugar o 30 de xuño
Next: O Banquete de Conxo celebrarase do 12 ao 14 de maio

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.