Bisbarra, 20 de marzo do 2023 – O concello de Rois aprobou a Conta Xeral do ano 2021 nun pleno no extraordinario no que o concelleiro socialista abandonou a sesión.

A Conta Xeral 2021 aprobouse cos votos a favor do equipo de goberno do Partido Popular. O grupo socialista votou en contra da urxencia argumentando que a conta está xa fora de prazo por cinco meses e que non se pode convocar un pleno extraordinario con menos dun día. Tras ese voto abandonou a sesión.
O alcalde, Ramón Tojo, asegurou que a actitude do voceiro socialista, Manuel Regueira, denota falta de interese, por abandonar o pleno, e reiterou que a convocatoria cumpre con todos os requisitos legais. Regueira foi o único concelleiro da oposición que acudiu ao pleno, que foi convocado para as doce do mediodía o día anterior ás tres da tarde.