займ срочно

Rois convoca o concursos de carteis do Santo Isidro,

0

Rois, 28 de marzo do 2022 –  O Concello de Rois vén de convocar o concurso de carteis do Santo Isidro Labrador para promocionar as festas patronais do municipio.

Neste certame poden participar persoas maiores de 14 anos (cumpridos antes do 31 de decembro de 2021). As técnicas a utilizar son libres, se ben a temática está clara: enxalzar o municipio de Rois e as súas festas. Cada participante poderá presentar dous traballos, que terán formato vertical.

Debido a pandemia da covid-19 recoméndase enviar as obras por correo electrónico antes do martes 26 de abril, ás 14.00 horas. Os carteis deberán ter formato A3 vertical (29.7×42) e tamén se poden entregar presencialmente no concello ou mandalo por correo postal. O premio que o Concello outorgará ao gañador é de 120€

No deseño deberá figurar, de forma visible e destacada, a inscrición en galego: Festas de S. Isidro Labrador 2022. O cartel gañador deste concurso será o que promociones as festas deste ano.

As bases de cada un destes certames poden consultarse na web do Concello de Rois.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies