Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois
  • Xeral

Concertos, visitas guiadas e Caldo de gloria en Rois con Rosalía

Rois con Rosalía: Once locales reparten Caldo de Gloria e pousavasos cos seus clientes

Taberna O Pemento

Un ano máis Rois renderalle homenaxe a Rosalía de Castro cunha programación cultural e participativa coa vista posta no 23, Día de Rosalía. O Concello convida á veciñanza a celebrar e compartir o legado da poeta a través da música, da lectura e da tradición gastronómica.

O Caldo de gloria volverá ser un dos eixes centrais da celebración o luns, cando os establecementos hostaleiros de Rois ofrecerán esta receita inspirada no poema Miña casiña, meu lar xunto cun pousavasos conmemorativo de Rosalía.

Participan nesta iniciativa Mesón A Casiña, Café-bar A Lúa, Taberna Angueira, Hotel Camiño do Mar, Taberna Casa Benjamín, Casa rural Fogar do Selmo, Café-bar Malecón, Bar Muelle, Bar O Pemento, Club de golf Val de Rois e Taberna Venezuela.

No caso do Fogar do Selmo e O Pemento, que permanecen pechados os luns, a degustación trasladarase ao domingo 22 de febreiro, permitindo así que toda a veciñanza poida sumarse a esta homenaxe gastronómica á poeta galega máis universal.

Por outra banda, o Auditorio municipal acollerá diversas propostas culturais arredor da figura de Rosalía. O venres 20 de febreiro, A Xanela do Maxín presentará Dende Rosalía ata as cantareiras, e o sábado 21 será a quenda do concerto Cantamos con Rosalía, de Luís Vallecillo. Ambas as dúas actuacións están previstas para as 18.00 horas.

A programación de Rois con Rosalía inclúe unha visita guiada ás camelias da familia Abalo, en Oín, que terá lugar o sábado 28 de febreiro. Esta actividade, que require inscrición previa ata o 25 de febreiro no enderezo inscricions@rois.gal, permitiralles ás persoas participantes descubrir este espazo singular con centos de variedades de camelias.

A biblioteca municipal converterase tamén nun lugar de encontro coa autora, cunha exposición das adquisicións bibliográficas dedicadas á escritora e cun posadoiro temático que estará dispoñible desde o 20 de febreiro ata final de mes.

A celebración terá unha forte presenza nas redes sociais. Entre o 20 e o 27 de febreiro, as persoas que publiquen contidos relacionados con Rosalía acompañados dos cancelos #RoisconRosalía e #DíadeRosalía participarán no sorteo de dous lotes de produtos elaborados por AMIPA, cun sorteo en Facebook e outro en Instagram.

Como parte desta homenaxe colectiva, o Concello repartirá cadernos de Rosalía nos establecementos de Rois adheridos á campaña Caldo de gloria e nas diferentes actividades. Distribuirá tamén manteis conmemorativos nos centros educativos CPI Os Dices-Rois, CPPI O Pumar-Urdilde e A Galiña Azul, así como na asociación AMIPA e no Centro de Día de Urdilde.

O Concello de Rois anima a toda a veciñanza a participar nesta programación para celebrar en comunidade o Día de Rosalía e manter vivo o seu legado literario e cultural. A iniciativa conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural e da Casa de Rosalía.

Post navigation

Previous: “As estacións do ano”, 125 anos de arte galega no Gaias
Next: Natalia Outeiro “Pajarito” gaña O Maruxa Villanueva

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.