Bisbarra, 4 de outubro do 2024 – O concello de Rois aposta pola compostaxe doméstica e ven de organizar unha charla informativa no edificio multiúsos á que asistiron máis de 30 persoas.
Durante o evento, os participantes aprenderon a transformar os seus residuos orgánicos en compost de maneira sinxela e eficiente. Ao finalizar a formación, entregouse a cada asistente un kit de compostaxe doméstica que incluía un manual, un composteiro e un aireador, para que poidan comezar a reciclar os residuos orgánicos nas súas propias vivendas.
O Concello de Rois informa de que aínda é posible inscribirse na iniciativa a través da web https://rois.rsu.gal . As persoas que se anoten poderán recoller o seu kit no Edificio Multiúsos nos próximos días. Aínda quedan composteiros dispoñibles, pero as prazas son limitadas, polo que se recomenda rexistrarse canto antes.
O Concello tamén anuncia que levará a cabo un seguimento continuo durante o que queda de 2024 para asegurar que o proceso de compostaxe nas vivendas participantes se desenvolva correctamente.
Esta campaña está financiada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, a través da Unión Europea-NextGenerationEU.
Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 647 521 464 ou escribir ao correo electrónico residuos@rois.gal .