Bisbarra, 29 de novembro do 2022 – O concello de Rois programa dúas charlas sobre igualdade no traballo para o vindeiro mes de decembro.
As xornadas serán impartidas polo técnico Fernando Armendáriz e desenvolveranse no multiúsos os dous primeiros sábados de decembro. Estes relatorios sobre igualdade son de balde e a inscrición está aberta a persoas responsables de empresas, de recursos humanos e desempregadas

A normativa de igualdade no ámbito laboral será o eixe principal de estas charlas. A primeira das charlas, programada para o día 3, tratará sobre as desigualdades salariais e as ferramentas legais dispoñibles para acabar con elas.
A segunda, que terá lugar o día 10, abordará o acoso sexual así como as medidas que se poden implementar para axudar ás vítimas da violencia de xénero e as existentes para facilitar a súa empregabilidade.
As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse antes do 1 de decembro mandado un correo electrónico a fernando.armendariz@rois.gal ou chamando ao 981 816 016.