Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Rois

Rois convoca os certames do Día do Libro e Das Letras Galegas

Rois convoca o Certames de relatos breves e poesía vinculados ao Día do Libro e Das Letras Galegas.
CONCELLO DE ROIS SLIDE

Rois, 4 de abril do 2022 – Rois convoca o Certames de relatos breves e poesía vinculados ao Día do Libro e Das Letras Galegas.

Son concursos con moita tradición en  Rois e que este ano incorporan a modalidade de fotocreación ou videocreación literaria como novidade.

A participación está aberta a todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade, para o que se establecen cinco categorías segundo a idade: persoas nacidas dende 2015 ata a actualidade, entre 2014 e 2013, entre 2012 e 2010, entre 2009 e 2005 e ata 2004, incluído.

Os traballos deberán incorporar algún elemento característico do concello de Rois, ademais de estar escritos en galego e de ser orixinais e inéditos. Os textos, imaxes, ilustracións e música que se empreguen estarán libres de dereitos de autoría.

Na modalidade de narrativa establécese un máximo de 10 folios, mentres que en poesía se estipulan entre 10 e 60 versos. As persoas que non manexen a lectoescritura ou os máis pequenos poderán substituír os textos por debuxos, que se realizarán en grupo ou individualmente.

Por último, nas dúas categorías de máis idade (persoas nacidas ata 2009) súmase a modalidade de fotocreación, que consiste nun fotopoema ou fotorrelato que fusione unha imaxe co texto; ou videocreación, que será un videorrelato ou videopoema composto por imaxe, son, movemento e texto.

En fotocreación ou videocreación haberá un único premio, consistente nunha figura de Camilo Seira e un lote de libros en lingua galega. Tamén recibirán un lote de libros os gañadores das categorías de menor idade, ata os 15 anos.

Para os maiores, haberá premios en metálico nas modalidades de narrativa e poesía: 100 euros para os primeiros e 50 para os segundos no caso de maiores de 18 anos e 60 euros para os primeiros e 30 euros para os segundos se o autor ou autora ten entre 15 e 18 anos. Todas as persoas participantes recibirán un diploma acreditativo.

O prazo de presentación de orixinais remata o xoves 30 de xuño. A entrega realizarase preferiblemente por medios electrónicos (inscricions@rois.gal), aínda que tamén se ofrece a opción de presentar os traballos por correo ordinario ou de forma presencial no Concello de Rois ou no edificio multiúsos, nos horarios de atención ao público.

As bases do certame e o formulario de inscrición pódense consultar e descargar na páxina web municipal.

Post navigation

Previous: Compostela presenta a III Festa do Banquete 
Next: A Portrait On The Search For Happiness e El último de Arganeo, gañadoras da 17 edición da MICE

Máis novas

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Vista desde o Monte San Bartolomeu en Santa Comba
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba abre as inscricións para o eclipse solar e as Perseidas

Logotipo das feiras Mercamelide
1 minute read
  • Xeral

‘Mercamelide na Rúa’ celebrarase os 7, 8 e 9 de agosto

Cartel da edición 2026 do Delas Fest
3 minutes read
  • Axenda

Delas Fest 2026

Unha mostra de gastronomía de Mali
3 minutes read
  • Axenda

Compostela Convive lévanos pola gastronomía de Malí, Marrocos e Palestina

Vista do Pico Sacro en Boqueixón, onde se celebra o programa Un mes e pico
2 minutes read
  • Xeral

“Un mes e Pico” chega a súa oitava edición

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.