Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois
  • Xeral

Rois cederalle a unitaria de Sorribas á Asociación Amipa

O obxectivo de Amipa é crear en Rois un centro de día de persoas con discapacidade con dez prazas

Imaxe da sesión plenaria celebrada en Rois

Rois, 29/05/2026 – O Concello de Rois cederalle á Asociación Amipa a antiga escola unitaria de Sorribas para que poida crear neste edificio municipal un centro de día con dez prazas para persoas con discapacidade.

 “Trátase dun proxecto moi importante”, dixo o alcalde, Ramón Tojo, “que sae adiante grazas ás xestións do equipo de goberno diante da Consellería de Política Social, que financiará este centro de día”.

Esta cesión do local á Asociación Amipa é posible unha vez que o Pleno aprobou por unanimidade na sesión extraordinaria de hoxe que tanto a unitaria de Sorribas como a da Peruca deixen de estar adscritas ao servizo público de educación e queden a disposición do Concello.

Esta petición foi aprobada este mesmo mes de maio pola Consellería de Educación a petición do goberno local. Ramón Tojo explicou que agora o Concello de Rois asinará coa Asociación Amipa “un convenio de cesión da unitaria de Sorribas” para que poidan acometer alí “un proxecto de servizos sociais moi importante”.

 Trátase dun centro de día destinado a persoas con discapacidade, con capacidade para dez prazas que será financiado pola Consellería de Política Social e xestionado por Amipa de forma complementaria ao centro ocupacional que xa ten na reitoral desta parroquia.

Polo que respecta á antiga unitaria da Peruca, Ramón Tojo explicou que queda a disposición do Concello e que se poderá destinar aos usos que se considere oportuno máis adiante. Na actualidade, este local está sendo utilizado polo Club de pesca deportiva Londra.

Na sesión extraordinaria tamén se aprobou a desafectación inicial dun camiño en Ferreiros, que fora solicitada por Primitivo Sayanes Pan. O pasado mes de marzo, este veciño pediulle ao Concello facer unha permuta dun tramo dun camiño existente no lugar de Ferreiros (parroquia de Costa), cunha superficie total de 129 metros cadrados e que non se está usando.

Na proposta o veciño propón cederlle ao Concello dúas franxas de 69 e de 23 metros cadrados para mellorar a accesibilidade doutros dous camiños públicos preto do anterior. A maiores, Sayanes Pan fará unha aportación económica de 1.150 euros ao Concello. O informe técnico solicitado polo equipo de goberno considera que a permuta é beneficiosa para o Concello.

A desafectación deste camiño será sometida a exposición pública durante o período dun mes, para que as persoas interesadas poidan presentar suxestións ou alegacións. Este punto foi aprobado cos votos a favor do PP (7) e coa abstención do PSdeG (2).

Pésame á familia de Lois Aldegunde

Ao comezo do Pleno extraordinario, toda a Corporación acordou trasladarlle o máis sentido pésame, en nome de toda a veciñanza, á familia de Lois Aldegunde. Profesor de Lingua e Literatura no CPI Os Dices durante un cuarto de século ata que en 2023 abandonou a docencia enfermo de ELA, Lois Aldegunde finou este martes aos 58 anos.

O alcalde lembrou que Aldegunde foi un gran dinamizador da lectura e da oratoria durante os 25 anos que estivo de profesor en Rois. Tamén foi un dos grandes impulsores do Club de Debate e dos Telexornais das Letras Galegas no que participaba alumnado do colexio.

En recoñecemento ao seu labor e quefacer profesional e humano, dende fai tres anos o Concello de Rois dedícalle ao profesor o certame literario que organiza anualmente, e que dende entón se chama Certame Literario Lois Aldegunde.

Por acordo unánime da Corporación, o Concello faralle un donativo á Asociación Galega de ELA (Agaela) equivalente ás dietas pola asistencia ao Pleno de hoxe de todas as concelleiras e concelleiros. A familia de Lois Aldegunde solicitou que non se enviaran flores ao velorio e que, no seu lugar, se fixera un donativo á asociación Agaela.

Post navigation

Previous: Alertan do perigo de derrube da Ponte das Canizas no Pino
Next: Compostela repara 200 bancos na Alameda

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.