займ срочно

Rois aposta polo compostaxe

0

Bisbarra, 27 de decembro do 2022 – O concello de Rois aposta pola compostaxe doméstica e comeza unha campaña para animar ás familias a participar.

A campaña de compostaxe conta co financiamento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea- Next Generation EU.

A compostaxe doméstica axuda tanto a acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible como a reducir a pegada de carbono. O Concello pretende, con esta aposta pola compostaxe, que os residuos orgánicos xa non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo da materia orgánica nos propios fogares.

O seguimento da campaña prolongarase durante un ano e nela participa O Camiño Sostible. Esta asociación sen ánimo de lucro ten como obxectivo crear e fortalecer unha rede de persoas e entidades que compartan e divulguen as súas experiencias, proxectos e esforzos por vivir nun mundo máis sostible.

Participar no programa é de balde e abonda con completar un formulario en liña (https://www.elcaminosostenible.org/biorresiduos/) ou enviar unha mensaxe a  biorresiduos@elcaminosostenible.org.

Unha vez realizada a inscrición, contactarase vía telefónica para proceder á instalación do composteiro na casa. O día da instalación recibiran unha breve formación por parte dun experto en compostaxe. Durante todo o ano darase seguimento ao programa, facendo visitas aos fogares, enquisas e formación continua.  

A veciñanza terá á súa disposición o número de teléfono 690 145 190 (chamadas e WhatsApp) e o enderezo electrónico biorresiduos@elcaminosostenible.org para resolver calquera tipo de dúbida. Este servizo é atendido por un biólogo experto en compostaxe.

O único requisito para formar parte deste programa é ser veciño/a do Concello, ter un pequeno xardín ou terreo e estar disposto/a e motivado/a para formar parte deste proxecto educativo e formativo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies