Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois

Rois abre un camiño para axilizar os trámites nas pequenas administración

Rois e a empresa Audicon presentaron un proxecto que pode axilizar os trámites nos concellos pasando, en algúns casos de 3 horas a vinte minutos.
rois-robotizacion-proxectos-slide-15-outubro-2020-(2)_r

Table of Contents

Toggle
  • Rois, 15 de outubro do 2020 – O concello de Rois e a empresa Audicon presentaron un proxecto que pode axilizar os trámites nos concellos pasando, en algúns casos de 3 horas a vinte minutos.
    • De 8 horas a 20 minutos
    • Unha vantaxe nas administracións locais

Rois, 15 de outubro do 2020 – O concello de Rois e a empresa Audicon presentaron un proxecto que pode axilizar os trámites nos concellos pasando, en algúns casos de 3 horas a vinte minutos.

O concello de Rois serviu para testar os “robots” da empresa Compostela Audicon, encargados de axilizar as tarefas. Funcionan como un programa de ordenador replicando as tarefas que faría un funcionario pero moito máis rápido e sen erros.

De 8 horas a 20 minutos

Begoña Collazo, interventora do concello foi a encargada de explicar a implantación desta robotización no proceso de comunicación do orzamento anual do Concello ao Ministerio de Facenda, unha obriga legal que teñen todos os municipios. Este proceso leváballe á interventora unha media de oito horas (trátase de cubrir 12 formularios distintos na Oficina Virtual do Ministerio de Entidades Locais).

Rois abre un camiño para axilizar os trámites nas pequenas administraciónCo programa piloto aplicouse o RPA a cinco deses formularios, equivalentes a unhas tres horas de traballo da interventora. O desempeño foi realizado polo sistema en 20 minutos, o que supón arredor dunha décima parte do tempo dedicado pola interventora anteriormente, o que lle permitiu centrarse noutras tarefas de maior valor engadido.

Unha vantaxe nas administracións locais

O  Concello de Rois participou no primeiro ensaio piloto para probar esta tecnoloxía na súa administración e esta mañá o seu alcalde, Ramón Tojo, afirmou que a experiencia na automatización de procesos resultou sumamente útil para optimizar os escasos recursos humanos cos que contan as administracións locais.

Esta tecnoloxía informática de automatización de procesos de negocio denomínase  RPA (Robotic Process Automation) e utilízase para mecanizar e axilizar procesos administrativos repetitivos e, case sempre  tediosos, que ocupan moito tempo aos empregados públicos.

O sistema  RPA está a probarse tamén a nivel provincial na Deputación de Badajoz e os responsables de Audicon esperan poder ampliar a súa implantación a outros  concellos galegos e outro tipo de administracións públicas nos próximos meses.

Post navigation

Previous: Frades arranxa tres pontes danadas o pasado inverno
Next: O concello de Santa Comba nega que Euro Battery poida abrir unha explotación mineira en Castriz

Máis novas

Cartel das próximas citas de Cultura Dispersa en Rois
2 minutes read
  • Axenda

Rois continúa promovendo Cultura Dispersa

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

Andaina por parellas de Rois
2 minutes read
  • Axenda

Andaina por parellas en Rois

Imaxe da sesión plenaria celebrada en Rois
4 minutes read
  • Rois

Rois cederalle a unitaria de Sorribas á Asociación Amipa

Responsables das gravacións das pandereteiras de Rois
4 minutes read
  • Xeral

As gravacións de 1986 das pandereteiras de Rois chegan ao Consello da Cultura

Cartel da exposición sobre a pandeireta
2 minutes read
  • Axenda

A pandeireta galega será a protagonista dunha exposición desde o día 22

Imaxe do pleno de Rois celebrado o venres 8 de maio
2 minutes read
  • Xeral

Pleno en Rois co lixo e o SAF como temas destacados

Unha das actuacións do ano pasado en Rois
2 minutes read
  • Axenda

Cultura Dispersa en Rois

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.