займ срочно

A estrada de Augasantas centro da polémica en Rois

0

Rois, 28 de maio do 2021 – O concello de Rois reclama á Deputación o arranxo dunha estrada que está pendente dunha decisión da Dirección Xeral de Patrimonio.

Trátase da estrada DP-7402 de Martelo ata Augasantas. O concello de Rois reclama que sexa ampliada pero o proxecto da deputación está paralizada por un informe negativo da Xunta de Galicia por un xacemento de mámoas entre Salgueiros e O Codeso.

Visitas ao lugar

Manuel Regueira á esquerda e Blas García á dereita

Na tarde do mércores o Deputado Provincial, e alcalde de Ames, Blas García e o concelleiro socialista Manuel Regueira visitaron a estrada para buscar posibles solucións á paralización derivada do informe da Dirección Xeral de Patrimonio. Un proxecto aprobado en abril do 2019 cun orzamento de 1.233.924 euros.

Onte xoves era o alcalde de Rois, Ramón Tojo, e o Deputado Provincial do Partido Popular Evaristo Ben, os que se reunían cos veciños para explicar que presentarán no Pleno da Deputación un rogo para o arranxo da estrada.

Evaristo Ben á esquerda e Ramón Tojo á dereita

Malestar socialista

O grupo socialista manifestaba o seu malestar na súa páxina de Facebook polas publicacións na web do concello de Rois reclamando a ampliación. Entenden que se está a facer un uso partidista da web municipal e recriminan que non se dea toda a información dando a entender que o retraso e responsabilidade exclusiva da Deputación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies