Rois, 8 de febreiro do 2021 – O Concello de Rois destinará este ano máis de 620.000 euros a obras dentro do Plan Único da Deputación aprobado no último pleno.
Na sesión tamén se dou luz verde ao plan extraordinario de gasto social. Esta partida suporá para Rois 135.000 euros máis que destinar as consecuencias da pandemia.
No Plan POS+ 2021 da Deputación, o Concello de Rois vai dedicar 222.159 euros a gastos correntes, e outros 178.290 euros a obras. Esta partida inclúe o afirmado e acondicionamento da pista de Vilachán a Ponte da Pedra (65.168 euros); da pista que comunica Rubieiro e Socastro (66.983 €) e a pistas en Oín, Asneiros e A Eirexa (46.138 euros).
Polo que respecta ao plan complementario, cun montante total de 457.050 euros, a relación de obras inclúe tamén o afirmado e acondicionamento da pista que comunica a AC-301 con Bralo (113.095 €), a de Liñares a Bralo (77.735), da AC301 a Leroño e Casa do Vento (115.730) e de pistas no Pazo e de Cernán a Vilariño (92.049 euros).
O Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS+ Adicional 2021 para o financiamento de gastos sociais destinará 25.544 euros para reforzo de persoal técnico, a emerxencia social 33.000 €, a axudas ás familias para gastos que faciliten a escolarización e compra de material informático 20.000 €.
Para ampliar o servizo de axuda a domicilio en todas as modalidades (rehabilitación perruquería, podoloxía, comedor sobre rodas, etc) destinaranse 30.000 euros e outros 32.000 para respiro familiar. Outros 10.000 euros serán para compra de equipos de protección e 6.000 para axudas a persoas sen fogar. As medidas urxentes para atender a persoas vulnerables contan cunha partida de 15.000 euros.
Adxudicada a colocación de céspede artificial en Urdilde
Na sesión aprobouse ademais, cos votos a favor de PP e BNG e a abstención do PSdeG, a proposta da mesa de contratación para adxudicar a colocación de céspede artificial no campo de fútbol de Urdilde, por un importe de 275.922 euros máis IVE.