Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois
  • Xeral

A Andaina e o Trail Montes de Rois disputarase en xaneiro

Trail_Andaina_MontesOleiron_2024

Bisbarra, 27 de novembro do 2024 – O concello de Rois ven de abrir as inscricións para a segunda edición da Andaina e o Trail Montes de Rois, que se celebrará o vindeiro domingo 12 de xaneiro.

A saída e chegada da proba será no polideportivo municipal. As inscricións poderán realizarse ata o 7 de xaneiro na páxina www.emesports.es . Tralo éxito da primeira edición, na que participaron máis de 300 atletas, o Concello de Rois repite trail e andaina nada máis pasar as datas de Nadal.

A Andaina

A andaina cubrirá un itinerario de 12,6 quilómetros e nela poderá participar calquera persoa que o desexe. Os menores de idade, que teñen inscrición gratuíta, deberán ir acompañados dunha persoa adulta responsable.

Os participantes adultos pagarán 12 euros por anotarse. Na andaina haberá tamén dous puntos de avituallamento nos quilómetros 6 (Reibó) e 8,4 (cruce de Catro Camiños), así como ao final da proba no polideportivo.

O trail

O trail, de natureza competitiva, consta dun total de 17,7 quilómetros cun desnivel positivo de 780D+. A participación está limitadas a persoas maiores de idade e a inscrición ten un custo de dezaoito (18) euros.

Cualificado de dificultade media, o trail percorrerá diversos paraxes de Rois e pasará pola Pontenova, Cornes, O Aido, montes das comunidades de Cornes, Sorribas, Reibó e Vilar de Abade, O Aido, Cornes e A Pontenova antes de regresar ao polideportivo de Rois. Haberá dous puntos de avituallamento nos quilómetros 6 (Reibó) e 12 (cruce de Catro Camiños), ademais de na chegada.

A proba contará cun total de seis categorías: xeral, absoluta (ata 39 anos cumpridos o día da proba), veterá A (de 40 a 49 anos), veterán B (máis de 50 anos), por equipos e local. Levarán premios os primeiros tres clasificados en xeral, absoluta e veterá, tanto en homes como en mulleres, así como os tres mellores equipos e o home e a muller empadroados en Rois que atravesen a meta en primeiro lugar.

Os premios do gañador e da gañadora da categoría xeral serán unhas tallas de madeira realizadas polo artista roisense Camilo Seira.

Tanto para o trail como para andaina, a recollida de dorsais efectuarase entre as 8.30 e as 9.30 horas no polideportivo de Rois. Os participantes do trail tomarán a saída neste punto ás 10.00 da mañá e os da andaina farano cinco minutos despois, ás 10.05 horas.

Todas as persoas inscritas recibirán de agasallo unha camiseta co seu dorsal. Así mesmo, poderán desfrutar duns petiscos ao rematar a proba. Aquelas persoas que se inscriban antes do domingo 22 de decembro poderán elixir a talla da camiseta.

O Concello de Rois quere agradecer á Deputación da Coruña, Gadis, Agronovo Rois, Casa Benjamín, Agroesparís e Panificadora San José a súa colaboración á hora de organizar este II Trail e Andaina Montes de Rois. 

Post navigation

Previous: O becerro de ouro
Next: Últimos trámites para rematar a autovía de Compostela á Estrada

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.