Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Rois
  • Xeral

Rois repartirá máis de 2.000 euros en premios no Concurso de Entroido

rois entroido 2026

O Concello de Rois abre o prazo de inscrición para participar nun Concurso de Entroido que repartirá máis de 2.000 euros en premios e se celebrará o sábado 14 de febreiro. A festa volverá encher de cor e creatividade as rúas do municipio e combinará o desfile dende o Casa Consistorial cunha gran festa no polideportivo municipal, na que non faltarán nin a música nin as larpeiradas típicas destas datas.

As persoas e comparsas interesadas en participar no concurso deberán inscribirse previamente e de xeito obrigatorio a través dos formularios dispoñibles na páxina web municipal, www.rois.gal, antes do mércores 4 de febreiro de 2026. Non se admitirán inscricións no mesmo día do concurso.

O festa de Entroido iniciarase ás 16.00 horas diante da Casa do Concello, coa recollida e de dorsais das persoas participantes. O desfile comezará ás 17.00 horas e percorrerá o traxecto ata o polideportivo municipal, onde os concursantes poderán presentar a súa proposta ante o público e o xurado cunha actuación que non poderá exceder dos seis minutos de duración.

A festa continuará con merenda grazas á implicación das asociación veciñais e a actuación do dúo Stylo. As persoas participantes no concurso poderán concursar en ata seis categorías diferentes: infantil individual ata 12 anos, individual de 12 anos ou máis, parella ou trío, comparsa infantil de 4 a 12 membros, comparsa xeral de 4 a 12 membros e comparsa de 13 ou máis integrantes.

O certame repartirá premios en metálico en todas as modalidades, con cantidades que chegan ata os 400 euros nas categorías de maior participación. Ademais dos premios do concurso xeral, concederanse gratificacións especiais ás comparsas locais, entendidas como aquelas nas que polo menos o 75 % das persoas participantes estean empadroadas no Concello de Rois, co obxectivo de recoñecer o traballo e o espírito entroideiro da veciñanza. Estes premios serán de 50 euros para as comparsas de ata 12 persoas, tanto infantís como de persoas adultas, e de 100 euros para as que teñen máis de 13 membros.

O xurado de Entroido valorará aspectos como a orixinalidade dos disfraces, a creatividade, a posta en escena, a imaxinación e o uso de materiais reciclados ou respectuosos co medio ambiente. No caso das comparsas, no momento da inscrición deberá indicarse unha persoa representante, achegando o seu nome completo, número de contacto e NIF, así como a documentación administrativa recollida nas bases, que inclúe o certificado do número de conta bancaria para o aboamento dos premios.

As bases completas do concurso e os formularios de inscrición poden consultarse e cubrirse na páxina web do Concello de Rois, no apartado de Xestións e Trámites.

Post navigation

Previous: Acordo de orzamentos en Noia
Next: Aberto o prazo de inscrición para os concursos de Entroido do Concello de Ames

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.