Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Roberto Sobrado presenta Proletarios do Rock and roll no Dado Dada

roberto-sobrado-dado-dada-slide-11-abril-2018(1)_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 11 de abril do 2018 – Este sábado o Dado Dada acolle en Compostela a presentación de Proletarios do Rock and roll, o seu novo traballo.
    •  Concerto de presentación e entradas

Compostela, 11 de abril do 2018 – Este sábado o Dado Dada acolle en Compostela a presentación de Proletarios do Rock and roll, o seu novo traballo.

Roberto Sobrado curtiuse no Fonte Sequelo de Compostela e madurou na Cavern de Liverpool, berce, entre outros, dos Beatles. Anos despois volveu a Galicia para darlle forma a unha banda que, dende entón, sempre o acompaña e fai medrar a súa música. Tras máis de vinte anos facendo cancións e despois de contar xa con cinco discos de estudo, agora úneselle a eles o seu útlimo traballo, “Proletarios do rock ‘n’ roll”

Roberto Sobrado grupo volve así ao minimalismo do rock de furgoneta e ensaios nos garaxes cun traballo máis roqueiro, máis social, e con estilo máis de cantautor da formación. “Proletarios do rock ‘n’ roll” é un disco que contará con sete temas propios novos e, por primeira vez, cinco versións adaptadas e personalísimas onde se debulla todo o imaxinario persoal e colectivo desta banda con case 20 anos de historia.

Cunha banda renovada na sección rítmica e onde o saxo e a voz cobran máis protagonismo ca nunca, a formación presentarase ante o seu público con Germán Da Ponte ao saxos, Roberto Sobrado ao telecaster e voz, EUxenio á batería e coros e Nuno Pico no baixo eléctrico e coros.

 Concerto de presentación e entradas

O concerto de presentación do proxecto terá lugar este sábado 14 de abril ás 21h30 no Dadó Dadá de Santiago de Compostela. As entradas xerais terán un prezo de 5 € ou 10 € no caso de que se merque entrada máis disco. No caso de estudantes, parados e xubilados, a entrada custará 3 €, e 6 € cando se merque tamén o disco. Todos aqueles interesados e interesadas en asistir xa poden reservar a súa escribindo a robertosobrado.info@gmail.com.

Post navigation

Previous: Roteiro para lembrar a Compostela da República
Next: Ordes organiza o I Trofeo Xunta de Galicia de patinaxe

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

silleda-subrogacion-saf-slide-24-xaneiro-2022_r
2 minutes read
  • Compostela

Siad 24 sen argumentos para non pagar as nóminas do SAF

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.