Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Ricardo García Mira distinguido coa cátedra honoraria “Ching-Ching Hung-Dao”

A cátedra está considerada un dos maiores recoñecementos académicos internos na Universidade Estatal Tsing Hua, con sede en Hsinchu,

Profesor Ricardo García Mira

Coruña, 6/05/2026 – O Profesor García Mira, que foi recentemente nomeado Catedrático Emérito polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña, ven de ser distinguido coa Cátedra Honoraria “Ching-Ching Hung-Dao” da universidade Estatal Tsing Hua.

Financiada pola Fundación que leva o mesmo nome, esta cátedra foi deseñada para recoñecer a excelencia en investigación, docencia e prestixio internacional, e ao mesmo tempo atraer ou reter talento académico.

No contexto da NTHU, esta distinción é promovida polo College of Education e polo Departamento de Recursos Ambientais e Culturais, concédese ao Profesor García Mira como proba de recoñecemento institucional, académico e científico polos destacados traballos de colaboración internacional e o seu impacto académico e científico no ámbito da aplicación da psicoloxía á educación.

A denominación “Ching-Ching Hung-Dao” procede do chinés orixinal “Qingjing” (o benefactor) e ten por obxecto promover o “Dao”, un concepto filosófico confuciano que significa “o camiño correcto do coñecemento e da educación”.

García Mira é Doctor en Psicoloxía por la Universidade de Santiago de Compostela, é profesor de Psicoloxía Social e Ambiental na Universidade da Coruña e profesor visitante da Universidade de Bath. É presidente da International Association for People-Environment Studies e con este recoñecemento suma unha distinción máis na súa brillante carreira académica, que se une a outras como a de “Doctor Honoris Causa” pola Universidade Alexandru Ioan Cuza de Iași (Romanía), concedida en 2018, ou a distinción de “Académico” da International Association of Applied Psychology (a sociedade de psicoloxía máis antiga do mundo), concedida tamén en 2018.

Ricardo García Mira foi tamén Profesor Visitante Distinguido da Universidade do Estado de Texas (2002) e da Cornell University (2019), ambas dos Estados Unidos, e máis recentemente da Universidade de Tokyo (2021) e da Universidade de Santo Tomás de Manila (2025).

Post navigation

Previous: Máis de 460.000 euros na humanización de Lestedo
Next: Cultura Dispersa en Rois

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.