Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Movendo os marcos

Ricardo García e Cristina García defenden a sustentabilidade no Reino Unido

Profesores na UDC apostan por Galicia para a reunión da rede internacional de investigadores sobre sustentabilidade, que se celebrará en 2027

cARTEL CONGRESO SUSTENTABIÑIDADE QUE SE CELEBRARA NO 2027 NA cORUÑA

Movendo os Marcos, 01/07/2026 – Movemos os marcos de Lindeiros para falar dun importante Congreso que se celebrará o vindeiro ano na Coruña. A sustentabilidade é a investigación que pode garantir un futuro mellor para Galicia e o mundo en xeral.

Os profesores e investigadores Ricardo García Mira e Cristina García Fontán, actuais coordinadores da Rede Internacional de Investigadores sobre Sustentabilidade da International Association for People-Environment Studies (IAPS), participarán no próximo Congreso Bienal de IAPS, que se celebrará na cidade de Guildford (Reino Unido).

Durante este importante encontro científico internacional, ambos os investigadores presentarán os seus máis recentes traballos de investigación no ámbito da sustentabilidade. A relación entre as persoas e o medio ambiente ou as transformacións sociais e territoriais necesarias para afrontar os retos do cambio global son a base dos traballos que presentarán.

Ademais da súa participación científica, García Mira e García Fontán desempeñarán un papel institucional destacado ao anunciar e defender a celebración do próximo encontro internacional da Rede de Sustentabilidade de IAPS, que terá lugar na Coruña e próximo 14-16 de xuño de 2027.

A cita reunirá a máis de 500 investigadores, profesionais e responsables de políticas públicas de distintos países para debater sobre os desafíos e oportunidades da transición cara a unha sociedade máis sustentable.

A elección da Coruña como sede do encontro de 2027 constitúe un recoñecemento ao traballo desenvolvido desde Galicia no ámbito da investigación sobre sustentabilidade e reforza o papel da cidade como espazo de referencia para o intercambio de coñecemento científico internacional.

O congreso de 2027 exponse como un foro interdisciplinar destinado a promover novas respostas aos desafíos contemporáneos relacionados coa sustentabilidade, favorecendo o diálogo entre as ciencias sociais, ambientais e territoriais, así como a colaboración entre investigadores, institucións e actores sociais.

A Rede Internacional de Investigadores sobre Sustentabilidade de IAPS constitúe un dos principais espazos de reflexión e cooperación científica sobre as relacións entre as persoas, as contornas e a sustentabilidade, impulsando investigacións orientadas a xerar coñecemento e solucións innovadoras para a construción de comunidades máis resilientes, inclusivas e sustentables.

A participación de García Mira e García Fontán en Guildford non só destacará os avances en sustentabilidade, senón que tamén situará á Coruña como sede crave do evento futuro, reafirmando o seu papel na investigación internacional sobre contornas sustentables.

Post navigation

Previous: Troitas mortas no río Cabrón en Ordes
Next: Os segredos do eclipse solar este sábado en Arzúa

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.