Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ribeira
  • Xeral

Ribeira presenta o festival de murgas e comparsas do Entroido

ribeira festival murgas e comparsas 2026

Ribeira preparase para o Entroido e para unha das citas máis celebradas do Barbanza, o festival de Murgas e comparsas. Unha cita que terá lugar o vindeiro 17 de febreiro e na que se repartirán seis mil euros en premios.

O festival desenvolverase a partir das 17.00 horas, nunha carpa que se instalará no Malecón. Carla Núñez e Marcos López, caras do podcast Todo Mal, exercerán de presentadores dunha gala onde non faltará a retranca e o humor.

A concelleira de Cultura, Ana Barreiro explica que “presentamos un pequeno avance da programación cultural e festiva na que estamos traballando para dinamizar o noso municipio e vivir o Entroido como se merecen. Non podía faltar o tradicional festival de murgas e comparsas que contará con dous presentadores excepcionais como son Carla Núñez e Marcos López, do podcast Todo Mal, polo que as risas e a interacción co público están máis que aseguradas”.

Tal e como se recollen nas bases, establécense tres categorías: murgas adultos, murgas infantís e comparsas. A data límite de inscrición é o domingo, 8 de febreiro. A participación formalizarase presentando a documentación no Rexistro Xeral do Concello, ben sexa de maneira presencial ou telemática a través da sede electrónica municipal.

 A contía de 6.000 euros destinada a este evento  en 3.200 euros para as gratificacións e 2.800 euros para os premios. As gratificacións por participación serán dun máximo de 200 euros por cada murga adulta, infantil ou comparsa.

No caso de que algunha entidade ou asociación estea representada en murga e comparsa, a gratificación será en conxunto por un importe de 299 euros.

As murgas na categoría de adultos poderán optar a un primeiro premio de 1.000 euros, un segundo de 600 euros, un terceiro de 400 euros ou a distinción á mellor murga local con 800 euros. Toda a información detallada e anexos están dispoñibles na web municipal https://www.ribeira.gal/

Post navigation

Previous: Piden que se recupere o trazado orixinal do Camiño de Santiago a Fisterra
Next: Negreira presenta a programación do Entroido

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.