Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ribeira
  • Xeral

Ribeira anuncia un orzamento de 29 millóns de euros para este ano

concello de ribeira slide

O executivo local de Ribeira presenta un orzamento de 29.756.460 euros para o presente exercicio do 2025. Un acto que cualifican de “responsabilidade aprobar as contas para este ano, dado o gasto executado”.

Sobre o documento a alcaldesa, María Sampedro,  explica que, pese a quedar pouco de ano, “é preciso para equilibrar o gasto executado co ingreso, aprobar a oferta pública de emprego e dar cobertura a proxectos a executar”. O documento debaterase nun Pleno extraordinario da Corporación municipal a celebrar no 26 de novembro, ás 20.00 horas.

O documento redúcese un 5,88% respecto do 2024, pois, segundo apunta a concelleira de Economía e Facenda, Herminia Pouso, o anterior incluía no Capítulo 9 un endebedamento superior aos 2,6 millóns de euros, mentres que no do 2025 non se contempla endebedamento.

A proposta orzamentaria do goberno municipal de Ribeira “é necesaria para dar cobertura a todo o gasto executado e posibilitar inversións en marcha”, manifesta a edil, quen indica que o debate deste documento chega a finais de ano debido ao desequilibrio existente entre gastos e ingresos.

Dáse cumprimento, ademais, ao Plan Económico Financeiro (PEF), a regra de gasto, os obxectivos de estabilidade e o nivel de endebedamento.

Dentro do Capítulo 6 de inversión, o documento recolle as previsións para dar cobertura ás perdas de subvencións de 47.856 euros de reforzo da liña eléctrica do futuro polígono industrial, ao non terse executado a tempo a actuación inversora no pasado ano.

Ademais, recóllese a contía de 57.000 euros coa finalidade de dar cobertura a perda de subvención de fondos europeos para a remodelación da praza do Centenario, xunto con 9.619 euros para reintegro da subvención pola redacción do proxecto na senda do río Saíñas. “Nesta última trataremos de buscar alternativas para que non se perdan os fondos”, declara Sampedro.

Así mesmo, a dedicación a melloras nos colexios ascende aos 70.000 euros, reforzarase a iluminación pública con 60.000 euros, mellorarase a rede de saneamento e abastecemento con 120.000 euros e 213.000 euros para a execución do novo parque infantil na praza do Centenario. Así, este orzamento recolle un total de 2.667.849 euros en actuacións inversoras.

Capítulos de maior peso económico

Tal e como sinalaron a rexedora e a edil, o Capítulo 2 é un dos que maior peso ten dentro dos orzamentos con 14.881.954 euros, representando o 50%, ao corresponderse con bens e subministros, é dicir, servizos básicos para a cidadanía como o tratamento de augas residuais, a xestión dos residuos sólidos, a limpeza viaria ou o abastecemento de auga potable.

Tamén é significativo o Capítulo 1, de gastos de persoal, cunha asignación de máis de 9.490.922 euros, no que se inclúe sacar a licitación o contrato de riscos laborais e recoñecementos médicos.

“Fixemos un gran esforzo para poder sacar adiante o orzamento e poñer as contas ao día e comezar o ano 2026 facendo un novo proxecto”, remarca Sampedro.

Reforzo de partidas económicas

Outros dos asuntos a tratar na sesión plenaria será o suplemento de crédito extraordinario de 1.749.277 euros a través do remanente de Tesourería cos que liquidar obras en marcha e pagar facturas pendentes. A mandataria local e a concelleira destacaron o desembolso na partida de Festexos, que supera os 100.000 euros do consignado no presuposto do 2024.

Tamén se habilita unha partida de máis de 500.000 euros para ultimar a construción do Centro de Deportes Náuticos e 300.000 euros para mantementos en vías públicas, tanto do núcleo urbano como das parroquias.

Deste xeito, as pavimentacións de estradas municipais contará cunha inxección económica de case medio millón de euros sumando a atribución a este partida no orzamento para o 2025 para pavimentacións e pintados de seguridade viaria.

En canto ás sentencias xudiciais sobre as expropiacións das parcelas do futuro polígono industrial que ascenden a 300.00 euros, dos cales 180.000 euros van con cargo ao suplemento de crédito.

Bonos AmaRibeira

A maiores, o Pleno extraordinario tamén versará sobre a aprobación de crédito extraordinario por valor de 130.000 euros para a posta en marcha dos bonos AmaRibeira, por un importe de 100.000 euros, e para o bombeo para poñer en marcha o saneamento na rúa Muralla, en Aguiño, por 30.000 euros.

Post navigation

Previous: A Deputación apoia a nova praza de abastos de Ames cun millón de euros
Next: Parolando con Francisco Pérez, alcalde de Noia

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.