Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia
  • Xeral

Revisan a pasarela do paseo marítimo de Noia

Portos envía unha inspección a Noia para avaliar a pasarela do Paseo Marítimo

Concello-de-Noia-DSC_0002-slide_r

Noia, 11/03/2026 – O alcalde de Noia, Fran Pérez,  mantivo unha conversa telefónica co presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez Vidal, na que lle trasladou o deterioro que sofre a pasarela do paseo marítimo.

Ao día seguinte de esta chamada unha inspección técnica enviada por Portos de Galicia desprazouse ata Noia para analizar sobre o terreo o estado da pasarela.O obxectivo elaborar un informe técnico que permita avanzar nas actuacións necesarias para a súa reparación.

A pasarela xa fora noticia o pasado 11 de febreiro, cando unha parte importante da estrutura rompeu durante unha treboada e caeu á ría. Tras aquel incidente procedeuse ao precinto da zona afectada.

Posteriormente, e pasado aproximadamente un mes desde aquel suceso, a Policía Local de Noia decidiu pechar a totalidade da pasarela o pasado domingo debido ao seu avanzado estado de deterioro e á falta de seguridade para as persoas usuarias.

Durante a conversa mantida co alcalde, José Antonio Álvarez Vidal agradeceu a rápida intervención da Policía Local de Noia, ao tempo que comunicou que xa está encargada a reparación da parte da estrutura que caeu ao mar o pasado mes de febreiro.

Pola súa banda, o alcalde de Noia agradeceu ao presidente de Portos de Galicia o interese e a implicación amosadas pola institución ao longo dos últimos días. Ambas administracións coincidiron na importancia de manter unha coordinación constante e traballar de maneira conxunta para avanzar na solución desta situación.

Dende o Concello de Noia subliñan a relevancia da inspección técnica realizada por persoal de Portos de Galicia, xa que permitirá avaliar con detalle o estado da infraestrutura e determinar os seguintes pasos a dar.

O Concello de Noia continuará colaborando e prestando todo o apoio necesario para facilitar que se leven a cabo as actuacións correspondentes e que a pasarela do Paseo Marítimo poida recuperarse nas mellores condicións posibles para o uso da veciñanza e das persoas que visitan o municipio.

Post navigation

Previous: Oroso ofrece un campamento inclusivo durante a Pascua
Next: Campaña a favor dun mellor transporte metropolitano

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.