Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

Reunión entre o Presidente da Xunta e o alcalde de Lousame

Alfonso Rueda e Esteban Ares mantiveron un encontro na que abordaron distintas melloras viarias para Lousame

lousame reunion alfonso rueda 12 xaneiro 2026

O recentemente elixido alcalde de Lousame, Esteban Ares, reuniuse co Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para tratar posibles axudas do goberno autonómico para o concello. O tema central foron unha serie de intervencións en vías e estradas do concello.

Nos últimos anos a Xunta executou diferentes actuacións dirixidas á rede viaria en Lousame como a mellora do firme e ensanche da AC-308 ou o reforzo do firme no vial de Portobravo a Tállara dende a DP-1104 ata a DP-1105.

Colaboración da Xunta

Esteban Ares agradeceu o compromiso do presidente e da Xunta de Galicia en xeral co Concello de Lousame, como demostran “investimentos tan importantes como a construción da depuradora que dotará de saneamento a 382 veciños e veciñas de cinco aldeas do municipio, actualmente en execución por un importe de máis de 950.000 euros”. Ares engadiu que “ademais de avaliar distintas actuacións nas estradas autonómicas ao seu paso por Lousame, aproveitei para presentarlle outras actuacións nas que levamos tempo traballando dende o Concello como son a creación dun polígono empresarial e a humanización da praza Teodomiro Hidalgo e a súa contorna, pois é un lugar onde conflúen moitos servizos para a veciñanza como o Concello, o Centro de Saúde, o tanatorio, a farmacia, a Casa da Cultura ou o Centro de Día”.

Post navigation

Previous: Santiago(é)Tapas crece no 2026
Next: Plans da Deputación e o PXOM no pleno de Rois

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.