Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Teo
  • Xeral

Reunión da alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, co alcalde de Ames, Blas García

A alcaldesa de Teo e o alcalde de Ames mantiveron un encontro institucional para tratar os asuntos que afectan a ámbolos dous municipios.
ames-teo-reunion-slide-29-setembro-2023_r

Bisbarra, 29 de setembro do 2023 – A alcaldesa de Teo e o alcalde de Ames mantiveron un primeiro encontro institucional para tratar os asuntos que afectan a ámbolos dous municipios.

Lucía Calvo e Blas García estiveron acompañados polos concelleiros amesá e teense, Gustavo Nieto (Obras e Servizos Básicos) e Juan Jesús Cerqueiro (Servizos Sociais). Na xuntanza incidiuse, entre outros temas, na necesidade dun parque de bombeiros comarcal e na reactivación da Mancomunidade de Santiago, que aglutina tamén aos concellos de Brión, Boqueixón, Vedra, Val do Dubra e Santiago de Compostela.

Parque de bombeiros comarcal

O parque de bombeiros comarcal é unha reclamación histórica dos municipios de Ames, Teo, Vedra, Val do Dubra, Brión e Boqueixón. Blas García marca “un prazo prudencial ata final para darlle tempo de dialogar a todas as administracións implicadas na construción do parque pero de non producirse ningún avance Ames e Teo traballarán en conxunto para ofrecer unha parcela ao Consorcio e levar a cabo esta obra.

A alcaldesa tras esta primeira posta en común espera chegar nun futuro próximo a un compromiso en firme por todas as administracións implicadas posto que “esta é unha necesidade real, non un capricho” e que “debe de ser atendida con rapidez para non lamentar nun futuro non ter actuado”.

Mancomunidade de Santiago

En canto á mancomunidade tanto García como Calvo coinciden en que é necesario que todos os municipios implicados nela se involucren para sacar un beneficio real para a veciñanza mediante a prestación conxunta de servizos. “É necesaria a creación dunha mancomunidade que traballe de forma seria e rigorosa na dotación de servizos á veciñanza dos concellos da área de Compostela que a forman”, afirma o rexedor amesá, mentres que a alcaldesa teense opina que “é necesario poñerse a traballar polo ben común dos veciños e a mancomunidade é o instrumento adecuado”. Esta mancomunidade, tamén composta polos concellos de Santiago de Compostela, Brión, Boqueixón, Vedra e Val do Dubra, naceu no ano 2002 e na actualidade atópase valeira de contidos.

Outros asuntos

Nesta xuntanza tamén se trataron outros asuntos como a creación da senda de Agrela e a mellora do transporte metropolitano das áreas máis próximas a Santiago de Compostela, materias nas que se traballará durante este mandato de forma conxunta coas administracións competentes.

Post navigation

Previous: Padrón acolleu un obradoiro sobre cacao e comercio xusto
Next: Nova concentración ante o xulgado de Noia pola Mina de San Finx

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.