Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

Retraso no pago das bolsas de comedor que se asignan en Compostela

O PP acusa ao goberno de “ineficacia política” e este responde que se trata dun problema técnico en vías de solución.

Borja Rubio do Partido Popular de Santiago

Borja Rubio do Partido Popular de Santiago

Compostela, 23/04/2026 – O concelleiro do Partido Popular en Santiago, Borja Rubio, compareceu ante os medios para denunciar a situación de impagos por parte do goberno municipal ás entidades colaboradoras dos servizos de comedor escolar e actividades extraescolares, unha situación que cualificou de “auténtica vergoña social”.

Rubio advertiu que “Se un neno queda sen comedor, a responsable será a alcaldesa”. A xuizo do concelleiro popular o problema “traspasa a ineficacia política e afecta directamente ás familias e aos nenos da cidade”.

Engadiu que “O goberno de Santiago está xogando coa alimentación dos nosos nenos e coa conciliación das familias desta cidade”. Detallou que a día de hoxe (mércores 22), o Concello acumula cinco meses sen abonar as bolsas de comedor escolar e de actividades extraescolares o que supón “cero euros ingresados ás entidades colaboradoras”, algunhas das cales arrastran xa débedas superiores aos 35.000 euros.

Rubio advertiu de que esta situación está “asfixiando economicamente a quen fai o traballo que o goberno é incapaz de xestionar: garantir a igualdade de oportunidades nos nosos colexios”. Rubio tamén rexeitou que o goberno poida escudarse en cuestións administrativas lembrando que en xullo de 2024 o Pleno aprobou unha iniciativa do Partido Popular para modificar o sistema de pagos e estudar anticipos ás entidades, unha proposta que “o goberno decidiu gardar nun caixón tras absterse”.

Problemas técnicos

Ante a denuncia do PP, o goberno municipal emitiu un comunicado no que “lamenta o atraso no pago das bolsas de comedor escolar e entende o malestar das ANPAs, principais prexudicadas da demora”.

Segundo explica o atraso no pago está vinculado á posta en marcha dunha nova aplicación contable no Concello de Santiago e aos problemas rexistrados no proceso de migración de datos desde a aplicación informática anterior “O atraso no pago ten, polo tanto, motivos técnicos e non responde a cuestións políticas, como traslada o Partido Popular”.

No comunicado o goberno municipal lembra que “ o Concello de Santiago destina na actualidade 1,1 millón de euros a estas axudas, que chegan a preto de 2.000 nenos e nenas. No curso 2013-2014, o último cun Goberno do PP en Santiago, o orzamento destinado ás bolsas de comedor era de 87.500 euros, e o número de nenos e nenas beneficiarias non chegaba ás 300. Polo tanto, os datos non resisten comparativa posible e avalan que o Goberno reivindique a aposta que se está a facer neste mandato por defender o público, pola conciliación, e polos dereitos sociais de todos os veciños e veciñas de Santiago”.

Post navigation

Previous: Posta en valor das cabeceiras do río Xallas
Next: Problemas de accesibilidade, humidades, instalación eléctrica… no CEIP O Coto de Negreira

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.