Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Primeiro paso para unha profunda remodelación do casco histórico de Compostela

PRESENTACIÓN MODIFICACIÓN PLAN ESPECIAL SLIDE 19 XUNHO 2025

A regulación de usos no casco historico que ven de ser aprobada e unha medida á que seguirán a revisión das ordenacións singulares non desenvoltas e a incorporación dos comercios históricos ao catalogo do Plan Especial

A reforma que acaba de comezar, do Plan Especial do casco histórico de Santiago de Compostela pode ser a de maior calado en varias décadas. O primeiro paso, xa dado, é a regulación dos usos que vai limitar e prohibir en todo o casco histórico tendas de recordos (só permitidos en espazos como a Trisca ou os Pexigos), tendas de produtos típicos (que se poderán integrar en tendas de alimentación) e espazos automatizados (máquinas de vending, taquillas, lavanderías…).

Usos permitidos, prohibidos e condicionados

Na modificación de usos do casco histórico, que se publicará este venres no DOGA, prohíbese tamén os establecementos de xogo (casinos, salas de bingo e tendas de apostas). Ademais, mantense a prohibición da apertura de novos establecementos de hospedaxe en calquera das súas modalidades.

Os establecementos de ocio de categoría 4 (como pubs, discotecas ou café-concerto) son usos condicionados. A autorización de novos establecementos desta categoría estará condicionada á presentación dun estudo de repercusión que avalíe os efectos da súa implantación e un proxecto de medidas correctoras. 

No caso do espazo que ocupa o supermercado situado no Pazo de Bendaña (o Froiz do Toural), que é un equipamento público, inclúese como “equipamento comercial necesario”, é dicir, terá que seguir habendo un supermercado nese inmoble, aínda que cambie a cadea.

Os cambios procurarán impulsar usos que sexan útiles para a zona e delimitar que axudas se poden conceder. Na actualidade traballase co Consorcio para recuperar unha liña de subvencións, xa usada nos anos 90, para a rehabilitación e conservación de comercios históricos, emblemáticos ou que teñen un valor sociocultural, entre outros.

Presentación da modificación puntual do lan Especial do Casco Histórico

PRESENTACIÓN MODIFICACIÓN PLAN ESPECIALDescarga

Vivenda e comercio histórico

Pese a sensación de que a zona vella de Compostela perde poboación a realidade é que, segundo os datos do padrón, vive un 26% máis de xente que en 1996. A percepción de perda de veciños e consecuencia de que algunhas das rúas máis turísticas perderon moita máis poboación que outras.

Todos estes cambios foron presentados en rolda de prensa polo concelleiro responsable, Iago Lestegas, Lestegás que estivo acompañado da xefa de sección de Planeamento Urbanístico, Esther Sánchez Espiñeira, e a xefa de sección de Xestión Urbanística, Pilar Rubín Paz.

Cambios que comezaron a planificarse en 2024 cunha providencia na que desde a concellería se pedía a elaboración dunha nova regulación de usos con cinco obxectivos: conter a tendencia de especialización funcional do comercio da cidade histórica en actividades orientadas ao turismo; identificar os eixos e zonas onde é necesario manter o uso comercial característico das plantas baixas dos edificios; priorizar a implantación e continuidade dos comercios de proximidade que atenden as necesidades cotiás dos residentes; protexer os comercios históricos e de interese sociocultural que forman parte da memoria colectiva da cidade; e establecer as condicións para a oferta de bens e servizos que non proporcionen servizo directo aos residentes.

Lestegás explicou o que a nova regulación establece en materia de agrupación e división de vivendas, que xa estaba permitida no Plan Especial de mais cunhas condicións determinadas que agora se modifican. A nova normativa permite dividir ou agrupar vivendas sempre que non se altere a estrutura parcelaria protexida nin os elementos catalogados e sempre que as vivendas resultantes teñan o programa mínimo definido nas Normas de habitabilidade de Galicia, unha superficie mínima de 40 m2 útiles e cumpran o requisito de vivenda exterior.

Tras a aprobación inicial desta modificación puntual da regulación de usos, Urbanismo traballará noutros dous eixos. Por un lado, na revisión das ordenacións singulares non desenvolvidas, é dicir, “eses ámbitos dentro da cidade histórica que nestes 30 anos non foron desenvolvidos”. Por outro lado, na incorporación dos comercios históricos ao catálogo do Plan Especial e a adaptación deste á Lei de patrimonio cultural de Galicia de 2016.

Se estas medidas funcionaran poderíamos ver unha cidade histórica con máis poboación que atraería máis comercio de proximidade e mudaría esa sensación dun casco vello ocupado exclusivamente por turistas. A presentación de medidas sempre a carón dos técnicos ofrece a confianza necesaria aínda que nada garanta os resultados.

Post navigation

Previous: XIII edición do Festival Atlántica
Next: Acordo, polo que queda de mandato, entre o Psoe e o PP de Brión

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.