займ срочно

Esta semana remata a mostra ‘A Minerva Compostelá. As súas glorias’

0

Compostela, 18 de xaneiro do 2022 – O vindeiro sábado remata a mostra ‘A Minerva Compostelá. As súas glorias’ organizada pola USC no pazo de Fonseca.

A Minerva Compostela recolle parte da historia da USC recreando espazos do seu pasado. Pode accederse á exposición situada no Colexio de Fonseca, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas, de luns a sábado.

A antiga biblioteca evócase no denominado Salón Artesoado, cos 22 retratos que a adornaban orixinalmente no ano 1882. Neste mesmo espazo, móstrase tamén unha selección de libros que fan mención aos personaxes representados: nuns casos, aos seus propios escritos; noutros, ás doazóns feitas. Todos eles proveñen dos fondos da Biblioteca Xeral.

A capela é o lugar onde se alude á presenza dos vítores nos contextos universitarios mostrando, a través dunha galería de personaxes ilustres dos séculos XIX e XX, unha parte de quen foron os seus protagonistas. Neste caso óptase, como complemento á obra pictórica, por unha selección documental realizada dende os fondos existentes no Arquivo Histórico da USC.

Museo Virtual

Asemade, na sancristía realízase unha presentación do Museo Virtual da USC a través de códigos QR alusivos ao que alí pode verse. “Xérase desta forma, unha conveniente relación entre as potencialidades do virtual e o coñecemento directo das obras ás que se fai mención”, sinalan dende a organización da mostra. Con motivo desta exposición, unha serie de fondos pictóricos foron obxecto dunha restauración á vez que se melloraron os recursos das salas na súa montaxe en cuestións como a súa iluminación e son.

O grupo Milladoiro compuxo tamén dúas obras, unha para cada sala, concibidas para crear o ambiente axeitado en cada caso. A edición do catálogo da mostra complementa as pretensións dun proxecto que procura poñer en valor unha parte do patrimonio cultural da USC, seguindo a mesma liña xa practicada en 1995-1996 con motivo do seu Quinto Centenario. O profesor da USC, José Manuel García Iglesias, é o comisario da mostra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies