займ срочно

Reclaman que o remanente de Ordes se invista en saneamento no rural e vivenda de protección

0

Ordes, 25 de xaneiro do 2021 – O BNG de Ordes reclamará no vindeiro pleno que parte do remanente de tesourería se dedique ao saneamento do rural e a promoción de vivenda protexida.

O Bloque lembra que a finais do ano pasado o alcalde, José Luís Martínez, asegurou que o remanente de tesourería do concello era de 5.223.000 €. O voceiro nacionalista, Pablo Vidal, considera que iso é un exemplo de que “o alcalde non sabe en que investir os fondos dos que dispón, e prefire aforralos antes de investilos en solucionar carencias da veciñanza”.

Desde o BNG de Ordes propoñen investir 1.200.000 € para a dotación de redes municipais de saneamento e abastecemento de auga no ámbito rural do. A este respecto, Vidal opina “que a día de hoxe existan no noso concello parroquias nas que non existe ningún tipo destes servizos públicos, supón unha mostra do esquecemento e abandono no que se atopan sumidas”.

Outra das propostas que formulan desde o BNG, radica en destinar 400.000 € ao impulso e dinamización do comercio e da hostalería, para o cal propoñen campañas como a levada a cabo no concello de Carballo con bonos onde ademais dos citados sectores, a propia veciñanza obteña beneficios dun xeito equitativo, campañas que segundo o Pablo Vidal “tiveron moito éxito en Carballo, foron efectivas e tiveron unha grande acollida entre a veciñanza e os sectores do comercio e da hostalería”.

Finalmente os nacionalistas avogan por empregar 3.000.000 € na adquisición dalgunhas obras que quedaron abandonadas trala crise do sector da construción, retomando a construción das mesmas e obtendo inmobles para destinar a vivendas de protección oficial e locais en planta baixa onde o concello podería ofertar novos servizos á veciñanza.

O voceiro nacionalista, Pablo Vidal, asegura que “con esta medida conseguimos facilitar o acceso a unha vivenda ás familias con escasos recursos ou a xente moza que procura a súa primeira vivenda, así como rematar co “feísmo” que supoñen as obras neste estado, as cales estase a comprobar que dificilmente sairán desta situación sen actuacións deste tipo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies