Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

A Relación de Postos de Traballo de Ames pasará de novo polo pleno

ames-pleno-novembro-slide-26-novembro-2016_r

Ames, 28 de decembro de 2016.- Este pasado luns, 26 de decembro, celebráronse comisións extraordinarias e urxentes para tratar a resolución de alegacións e maila aprobación definitiva da segunda modificación da Relación de Postos de Traballo.

Despois de que este tema quedase encima da mesa sen votar no pasado pleno extraordinario do 14 de decembro, agora o goberno volve a levalo a unha sesión plenaria cunha nova modificación: a supresión do posto de Secretaría adxunta (reservado para habilitados nacionais) e a creación dun posto de técnico de Secretaría, que asuma tamén funcións en materia de Recursos Humanos, e pertencente ao subgrupo profesional A1. Nestas comisións tamén se trataron dous asuntos relacionados coas competencias que ten delegadas á Deputación da Coruña en materia de recadación.

O pasado 14 de decembro celebrouse un pleno extraordinario onde se debateu a resolución de alegacións e a aprobación definitiva da segunda modificación puntual da RPT. Este documento, despois de ser aprobado de xeito inicial en sesión plenaria o 30 de xuño, ten que ser sometido a consideración do pleno para ser ratificado de forma definitiva. Dita proposta foi debatida por parte da corporación municipal, pero finalmente quedou encima da mesa ante a proposta presentada polo concelleiro non adscrito, Javier López, que foi apoiada polos edís dos grupos municipais de Ames Novo, Partido Popular e Pacto por Ames.

Ante esta circunstancia o goberno municipal convocou a Mesa Xeral de Negociación o pasado 20 de decembro, onde os delegados sindicais, que representan ao persoal municipal, ratificaron o acordo ao que se chegou co goberno na Mesa Xeral de Negociación anterior, celebrada o pasado 11 de novembro de 2016. Dito acordo recollía a posibilidade de substituír a creación, na RPT, dun novo posto de Secretaría adxunta (reservado para habilitados nacionais) por un posto de técnico de Secretaría, que asuma tamén funcións en materia de Recursos Humanos, e pertencente ao subgrupo profesional A1. A este acordo chegouse co voto favorable de todos os membros da Mesa Xeral de Negociación, salvo dous delegados sindicais do CSIF que votaron en contra.

Ese mesmo día, o 20 de decembro, o grupo municipal Ames Novo, meteu por rexistro unha proposta na que manifestaba a súa vontade de absterse, posibilitando a aprobación da RPT, no caso de que se suprimise o posto de Secretaría adxunta e se crease un posto de técnico de Secretaría do subgrupo A1, ligado a Recursos Humanos, tal e como se recolle na acta da Mesa Xeral de Negociación do 11 de novembro de 2016.

Creación dun posto de técnico de Secretaría A1

Co obxectivo de conseguir o maior apoio posible dentro da corporación, o goberno municipal introduciu unha serie de cambios sobre o texto inicial aprobado no pleno do 30 de xuño. Ditas modificacións atinxen a dous erros detectados no documento inicial (o subgrupo correcto do posto de técnico de orientación laboral é A1 e o número de educadores/as infantís das escolas infantís municipais é de 25). Ademais, recóllese a supresión do servizo único de conserxería e maila creación dun novo posto de conserxe adscrito ao departamento de Educación. Por último, suprímese o posto de Secretaría adxunta e crearase un novo posto de técnico de Secretaría, que asuma tamén funcións en materia de Recursos Humanos, e pertencente ao subgrupo profesional A1.

Competencias da Deputación da Coruña en materia de recadación

Por outra banda, na comisión informativa de Economía e Facenda abordouse o exercicio das accións legais pertinentes para a impugnación das resolucións da presidencia da Deputación Provincial da Coruña 2016/25453 e 2016/24759, pola que se desestima o requirimento de nulidade dirixido contra as anteriores, por entender que non se axustan a dereito, así como para a reclamación á Deputación Provincial dos danos e prexuízos causados aos intereses do Concello de Ames. Despois abordouse a revogación parcial da delegación de competencias efectuada polo Concello de Ames mediante acordo plenario de 25 de outubro de 2012 na Deputación Provincial da Coruña coa que o Concello pretende dar solución á situación actual. Na comisión estiveron presentes os técnicos do Concello para dar contestación ás dúbidas que lle puideran xurdir aos grupos da oposición.

Post navigation

Previous: A comisión da Paella de Cortegada gaña en Silleda o concurso “Nas festas somos máis”
Next: O Psoe de Tordoia denuncia que os orzamentos non recollen o incremento do IBI

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.