Compostela, 8 de setembro do 2021 – A Reixa convértese en editorial para publicar en galego “Little Neno descobre… os Beatles e os Rolling Stones”.
Detrás de A Reixa están algúns dos proxectos máis interesantes xurdidos en Compostela. Do coñecido local de copas á tenda Matrioska, e coa productora Raiña o Outono Códax Festival. Sempre coa música presente en cada nova proposta.
A Reixa muda agora en editorial e traduce ao galego os dous promeiros títulos da colección “Little neno descobre a…”. Os libros foron publicados en castelán por Bang Ediciones e que, até o de agora, conta tamén cos títulos sobre David Bowie, Aretha Franklin e Elvis Presley.
Trátase de dúas historias orixinais, adaptadas a crianzas de entre 2 e 12 anos- Con elas coñecerán por primeira vez o mundo poético e cheo de imaxinación da música e letras das dúas bandas máis lendarias dos anos 60 británicas.
A Reixa explica que “Coa lectura destes libros poderás tamén compartir cos máis pequenos da casa os gustos pola música dos Beatles e dos Rolling Stones e converterase tamén nunha oportunidade para escoitar de novo os vellos vinilos cos vosos fillos”.
Os libros ofrecen, ademais, unha sección onde se poden descubrir máis datos curiosos “que seguramente non coñeciades… ou si”.